O Voluntariado das Cáritas en Galicia celebra este sábado o seu encontro en Santiago

O  XVI Encontro do Voluntariado das Cáritas en Galicia celebrarase en Santiago de Compostela o próximo 26 de abril no colexio de La Salle co lema “Cáritas, motor de comunidades acolledoras.” O relatorio central será presentado por Fernando Redondo Pavón, director do departamento de Migracións da Conferencia Episcopal Española.

Pilar Farjas Abadía directora de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, entidade anfitrioa da reunión, considera que se trata dunha xornada “moi necesaria para reencontrarnos e compartir un espazo de formación e oración”. Insiste en que é unha reunión de encontro e de compartir fraterno,e anima aos voluntarios para participar: “Permítenos compartir experiencias e testemuños, coñecer distintas realidades do voluntariado en Cáritas”. Considera que é necesario falar dun espazo galego de voluntariado “que nos une a nivel autonómico”.

Mirada acolledora

Do relatorio central do encontro, “Comunidades acolledoras e misioneiras”, encargarase Fernando Redondo Pavón, director do departamento de Migracións da Conferencia Episcopal Española que dará conta da mirada acolledora a quen vén de fóra.

Fernando Redondo Pavón é natural de  Asturias, pero desde hai anos residente en Xetafe. Formouse na Universidade Eclesiástica de San Dámaso e a Universidade Pontificia Comillas, completando daquela a súa formación teolóxica con estudos bíblicos en Xerusalén. Foi misioneiro en Bangladesh e na Amazonía brasileira. Ao seu regreso desempeñou o cargo de capelán da prisión de Valdemoro e ata o seu nomeamento foi delegado de Migracións en Xetafe

Experiencias

Durante unha mesa redonda distintos axentes procedentes de Cáritas Diocesanas encargaranse de dar conta das experiencias concretas de Cáritas como motor de comunidades acolledoras. Afondarase en cuestións fundamentais como son acoller, protexer, e integrar, pensando que é necesario levar a cabo un acompañamento con  estas persoas.

Nos postulados da entidade insístese en que as persoas migrantes sofren moita vulnerabilidade e que moitas delas atópanse en risco de exclusión social severa.

Programa

10,00 Acollida

10,30 Oración

11,00 Relatorio: “Comunidades acolledoras e misioneiras”, Fernando Redondo Pavón

12,15 Descanso

12,45. Mesa Redonda: “Experiencias concretas de Cáritas, motor de comunidades acolledoras”

14,30. Xantar

17,00: Eucaristía Xubilar na Catedral de Santiago

Previous article52ª edición da Pascua Xove
Next articleO 1 de mayo, Encontro diocesano de nenos e familias