Ás 10:30 hs desta mañá deron comezo as vixésimo terceiras Xornadas de Teoloxía que desde 2001 leva organizando o ITC, e que se prolongarán ata o xoves día 12 de setembro. Nesta nova edición centrarase nos retos actuais da Intelixencia Artificial e transhumanismo.
No saúdo inicial correspondeu ao Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco Prieto, fixo referencia á importancia das formulacións éticas que está a suscitar a Intelixencia Artificial. Neste senso, tamén destacou, e referenciou, que o Papa Francisco tivo mensaxes e discursos sobre esta cuestión no último ano (Xornada Mundial da Paz, Xornada Comunicacións Sociais…).
Tras a presentación das Xornadas por parte do profesor do ITC Gonzalo Rodríguez César, tivo lugar a primeira das Conferencias “Cuestións científicas da IA (aspectos históricos)” a cargo do profesor Senén Barro Ameneiro (CITIUS-USC).
Tríptico Xornadas de Teoloxía 2024