Galardón á Pastoral Penitenciaria

O 24 de setembro celébrase a Mercé. A advocación de Nosa Señora da Mercé foi extendida pola orde mercedaria fundada por San Pedro Nolasco a principios do século XIII, que tiña como carisma a redención dos cautivos. Así, a orde adicouse a atención dos presos, e esta advocación mariana quedou vencellada ás prisións.

Hoxe é a festa dos funcionarios de prisións. Esta mañá celebrouse en Teixeiro o acto civil coa presenza de autoridades e colectivos da sociedade civil que colaboran coa Administración penitenciaria na reinserción dos penados. Neste contexto se lle concedeu á Pastoral Penitenciaria a medalla de prata ao mérito penitenciario.

O Director do Centro Penitenciario, D. José Ángel Vázquez salientou os valores de solidariedade e o traballo de reinserción dentro e fóra dos muros da prisión que realiza a Igrexa.

A Delegada diocesana, Dª. Yolanda Sánchez recolleu este importante recoñecemento, co que a institución penitenciaria agradece a persoas e entidades polo seu traballo en favor da reinserción que o cárcere busca. Estivo acompañada por voluntarios e pola Directora da Cáritas diocesana, Dª. Pilar Farjas.

Previous articleO arcebispo visita a Residencia Volta do Castro e p Hospital Psiquiátrico de Conxo
Next articleO Camiño de Santiago, unha “vía de humanización” e de “esperanza” para Europa