Esta mañá, o arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Francisco Prieto, realizou hoxe unha visita pastoral á Residencia de Maiores Volta do Castro e ao Hospital Psiquiátrico de Conxo en Santiago de Compostela.
Durante a súa visita á Residencia de Maiores, monseñor Prieto compartiu momentos de oración e reflexión cos residentes, ademais de escoitar as súas inquietudes e necesidades. Afirmou que é esencial que os maiores sintan o amor e o coidado da comunidade.
Máis tarde, D. Francisco trasladouse ao hospital psiquiátrico de Conxo, onde se reuniu co persoal médico e algúns pacientes, onde destacou que a saúde mental é unha parte integral do benestar.