O Seminario Maior Interdiocesano Apóstolo Santiago e o Seminario Menor La Asunción de Santiago celebraron este luns 23 de novembro o tradicional funeral polos seus benefactores, unha cita anual con la que ambas as institucións lembran e agradecen a todas aquelas persoas que, ao longo dos anos, contribuíron ao seu sostemento tanto económico como espiritual.
A Eucaristía tivo lugar a las 18.00 horas na capela do Seminario Maior Interdiocesano e estivo presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández. Xunto a el concelebraron os reitores de ambos os seminarios, formadores e outros sacerdotes.
O prelado lembrou na súa homilía a quen durante anos axudaron a soster os seminarios. Comparou o seu labor discreto co xesto da viúva do Evanxeo, que depositou unhas poucas moedas no templo. Xesús, explicou, viu naquela modesta ofrenda a xenerosidade da muller. «A súa xenerosidade fixo posible que esteamos hoxe nós aquí», dixo o arcebispo ao agradecer a axuda dos benefactores, por cuxo eterno descanso pediu.
Ao dirixirse aos seminaristas, monseñor Prieto invitounos a fixarse en quen adoita pasar inadvertidos. Cunha expresión de santo Agostiño, animounos a “ter oídos no corazón” para escoitar a quen sofre. Lembroulles que, como sacerdotes, estarán chamados a recoñecer a Cristo nos máis pequenos e a dar testemuño da fe que celebran e anuncian co seu xeito de acoller e acompañar a cada persoa.
Ao termo da homilía, monseñor Prieto invitou os presentes a coidar a unidade da Igrexa desde a diversidade de quen a forman. Propúxolles o exemplo de María para manter un corazón sinxelo e aberto a Deus.












