- A celebración estio presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela e reuniu a numerosos fieles, sacerdotes e seminaristas.
- O novo acólito asume unha misión de servizo ao altar w de atención pastoral aos enfermos.
- Mons. Francisco José Prieto destacou a importancia da Eucaristía, a vocación e o compromiso cos máis necesitados.
A parroquia de Santiago de O Burgo, en Culleredo (A Coruña), acolleu este domingo dunha solemne celebración eucarística na que o seminarista diocesano Francisco Javier Serrano recibiu o ministerio de acólito.
A cerimonia, presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, reuniu a familiares, amigos, fregueses do Burgo e Ribeira, así como a numerosos seminaristas que quixeron acompañar ao candidato neste importante momento do seu camiño vocacional. A celebración contou ademais coa participación do coro parroquial de Santiago do Burgo, que contribuíu a realzar a solemnidade da liturxia.
A Eucaristía foi concelebrada polo vigairo territorial da Coruña, Severino Suárez; o reitor do Seminario Maior Interdiocesano Apóstolo Santiago, José Antonio Castro Lodeiro; o párroco de Santiago do Burgo, Manuel Sierra, xunto a outros sacerdotes da arquidiocese que participaron nesta significativa celebración para a comunidade parroquial e para a Igrexa compostelá.
Durante a introdución da celebración destacouse que a institución como acólito supón un paso significativo no itinerario formativo de Francisco Javier Serrano cara ao sacerdocio ministerial. A Igrexa confíalle a misión de colaborar con sacerdotes e diáconos no servizo da altar, así como na distribución da Sagrada Comuñón, especialmente aos enfermos.
Na súa homilía, o arcebispo dirixiu unhas palabras ao candidato, subliñando que o ministerio recibido vai máis aló dunha simple función litúrxica ou dunha etapa previa ao diaconado e ao presbiterado: “É unha graza, é unha chamada que recibes a configurar a túa vida máis profundamente con Cristo, que veu para servir”.
“Non teñades medo”, lembrou o prelado citando as palabras do Evanxeo, invitando ao novo acólito e a todos os fieis a vivir a fe con serenidade, confianza e valentía nunha sociedade marcada pola incerteza e a indiferenza relixiosa.
Tras a homilía tivo lugar o rito de institución. Mediante a oración de bendición e a entrega da patena co pan e do cáliz co viño, Francisco Javier Serrano asumiu publicamente o compromiso de servir dignamente a mesa do Señor.
A cerimonia concluíu cunha oración polo novo acólito, para que permaneza fiel no servizo eclesial e fortaleza a súa vocación mediante unha profunda vida de fe, caridade e entrega á vila de Deus.















