O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández, presidiu o sábado 20 de xuño as celebracións do sacramento da Confirmación nas parroquias de Cordeiro e Pontecesures, onde numerosa mocidade culminaron o seu proceso de iniciación cristiá acompañados polas súas familias, padriños, madriñas e catequistas.
A primeira das cerimonias tivo lugar ás 18.00 horas na parroquia de Cordeiro, mentres que a segunda se celebrou ás 20.00 horas na parroquia de Pontecesures. Ambas as eucaristías estiveron marcadas por un ambiente de alegría e participación comunitaria, no que os confirmandos recibiron o don do Espírito Santo e renovaron publicamente o seu compromiso coa fe cristiá.
Durante as celebracións, o arcebispo dirixiu palabras de proximidade á mocidade e ás súas familias, agradecendo o acompañamento realizado ao longo dos anos de preparación catequética. Así mesmo, lembrou que a Confirmación constitúe un momento especialmente significativo na vida dos crentes, ao fortalecer a graza recibida no Bautismo e impulsar unha vivencia máis consciente e comprometida da fe.













