Falleceu Mons. Salvador Domato Búa, Cóengo da SAMI Catedral

Esta mañá faleceu o M. I. Mons. Salvador Domato Búa, Cóengo da SAMI Catedral de Santiago de Compostela e Director do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela. O Excmo. Sr. Arcebispo de Santiago e o Cabildo da SAMI Catedral rogan unha oración polo seu eterno descanso e a participación no solemne Funeral de Exequias, que se celebrará ás 17:00 horas o xoves 19 de xuño, na SAMI Catedral de Santiago de Compostela e no seu posterior enterro no claustro da Catedral. O Excmo. Cabildo roga, igualmente, a participación nas Misas que, polo seu eterno descanso, celebraranse o 25 de xuño, o 3 de xullo e o 18 de xullo.
Nacido en 1944 en Caldas de Reis, Don Salvador Domato Caldas de Reis fixo os seus estudos de Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior de Santiago e licenciouse en Teoloxía en Roma en 1968, un ano despois da súa ordenación sacerdotal na mesma cidade. Diplomado en Arquivística e en Biblioteconomía, desempeñaba na actualidade o cargo de director do Arquivo Histórico Diocesano, unha institución diocesana creada por el en 1974. Ao longo da súa vida de servizo á Igrexa, exerceu diversas tarefas: ademais de secretario xeral do Arcebispado de Santiago (1989-1994) e de secretario particular do arcebispo de Madrid (1994-2005), estivo a de coordinar as visitas de Xoán Paulo II a Compostela en 1982 e 1989, así como a de Bieito XVI no 2010. Foi designado cóengo da Catedral compostelá en 2006, exercendo durante algúns anos como responsable da Comisión de Cultura e Arte. Desde 2017 era párroco da Corticela.
D.E.P.
Previous articleCornazo rende homenaxe ao seu gran benefactor no centenario da súa igrexa parroquial rende homenaxe ao seu gran benefactor no centenario da súa igrexa parroquial
Next articleFuneral polo M. I. Mons. Salvador Domato Búa, cóengo da Catedral, director do Arquivo Histórico Diocesano e párroco da Corticela