Don Alfonso Novo Cid-Fuentes, Don Roberto Martínez Díaz e Don José Sánchez Piso novos cóengos capitulares da SAMI Catedral de Santiago de Compostela

  • A toma de posesión tivo lugar durante as primeiras vésperas da Solemnidade dos Santos Pedro e Paulo.
Este domingo 28 de xuño, a partir do 17 h, o Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu na Catedral a celebración das primeiras vésperas da Solemnidade dos Santos Pedro e Paulo, durante a cal tivo lugar a toma de posesión de tres novos cóengos do cabildo metropolitano, nomeados o pasado 1 de xuño: Don Alfonso Novo Cid-Fuentes (Director do Instituto Teolóxico Compostelán), Don Roberto Martínez Díaz (Párroco moderador da U.P. de Padrón ) e Don José Sánchez Piso (Administrador parroquial de Lestedo, Sales, Vedra, Trobe e Illobre).

A celebración reuniu os membros do cabildo catedralicio. sacerdotes diocesanos,  familiares do novos cóengo, representantes da vida diocesana e numerosos fieis que quixeron acompañar este momento de especial relevancia para a Igrexa compostelá.

A toma de posesión desenvolveuse conforme o rito tradicional. Tras a lectura do decreto arcebispal por parte do secretario do cabildo, D. Elisardo Temperán, cada un dos novos cóengos realizou a profesión de fe e prestou xuramento ante o Evanxeo.

Como culminación do acto, os tres foron conducidos aos seus respectivos sitiais no coro catedralicio, un xesto que simboliza oficialmente a súa incorporación á institución capitular.

O arcebispo chama a vivir o servizo desde a fraternidade, a oración e o anuncio do Evanxeo.

Durante a súa homilía, monseñor Francisco Prieto destacou o profundo significado eclesial da incorporación de novos cóengos á Catedral compostelá, subliñando que esta responsabilidade non constitúe un recoñecemento honorífico, senón unha chamada ao servizo.

Inspirándose na figura de santo Pablo, lembrou que a vocación cristiá nace da pertenza a Cristo e da misión de anunciar o Evanxeo: “Non fala primeiro da súa dignidade, senón da súa pertenza. Non fala dunha honra recibida, senón dunha misión confiada”.
O arcebispo invitou aos novos cóengos a exercer o seu ministerio desde a oración, a fraternidade e o coidado da celebración litúrxica, lembrando que cada xesto de acollida e cada palabra de consolo poden converterse nun camiño para achegar ás persoas a Cristo.
Así mesmo, puxo en valor o papel da Catedral de Santiago como unha Igrexa viva que, alén de custodiar a memoria do apóstolo Santiago, debe seguir sendo un espazo onde resoe o Evanxeo para os fieis e para os miles de peregrinos que chegan ata ela.
Monseñor Prieto evocou tamén o testemuño dos santos Pedro e Pablo, sinalando que compartiron unha mesma paixón por Cristo e unha entrega total ao anuncio do Evanxeo.
Nese sentido, animou aos novos capitulares a manter viva a memoria apostólica non só mediante o coidado do patrimonio ou da liturxia, senón especialmente a través dunha vida que faga visible “a primacía de Dios e a alegría do Evanxeo”. Os novos cóengos reivindican unha Igrexa próxima, compasiva e aberta ao mundo.
Ao termo da celebración, D. Alfonso Novo Cid-Fuentes tomou a palabra en nome dos tres novos cóengos. Nunha intervención de marcado contido pastoral, expresou a emoción que supón incorporarse ao cabildo dunha catedral que concentra séculos de historia, arte, peregrinación e fe, aínda que lembrou que a verdadeira grandeza de la Iglesia non reside no esplendor dos seus edificios ou cerimonias, senón na súa capacidade para iluminar a vida das persoas.
“A Igrexa é luz, non onde brilla, senón onde ilumina”, afirmou, para destacar o traballo cotián que se desenvolve nas parroquias, os conventos, os mosteiros, a catequese, a celebración da Eucaristía e o acompañamento aos enfermos e a quen sofre, así como o labor de Cáritas e outras entidades comprometidas coa dignidade das persoas máis vulnerables.
Novo Cid-Fuentes subliñou que custodiar a tradición apostólica significa transmitir de xeración en xeración a mensaxe viva do Evanxeo e non limitarse unicamente a conservar o legado do pasado. Neste sentido, lembrou que unha Igrexa verdadeiramente apostólica non pode permanecer centrada en si mesma, senón que está chamada a saír ao encontro da humanidade.
Referíndose á singularidade da Catedral de Santiago como meta universal de peregrinación, destacou a importancia da acollida a quen chega ata ela, pero tamén animou á comunidade cristiá a converterse en “peregrina” cara a quen busca esperanza, comprendendo as súas inquietudes e acompañándoos desde a proximidade. Finalmente, puxo o acento na compaixón como fundamento da misión apostólica e lembrou que os pastores están chamados a compartir as alegrías, esperanzas, tristezas e sufrimentos das persoas, especialmente dos pobres e de quen máis padecen.

Misión e legado.

O Cabildo Catedralicio de Santiago de Compostela é unha das institucións capitulares máis antigas de la Iglesia en España, con séculos de historia ao servizo da liturxia, a custodia da Catedral, a acollida ao peregrino e a vida pastoral da Arquidiocese.
Os seus membros teñen como misión principal a celebración diaria da liturxia na Catedral, a atención pastoral e espiritual dos fieis e peregrinos, así como a organización dos momentos máis significativos do calendario litúrxico, especialmente durante o Ano Santo Compostelán.
A Catedral de Santiago, meta do Camino e corazón espiritual de la Iglesia compostelá, está chamada a ser un lugar de acollida, oración, reconciliación e anuncio do Evanxeo, onde cada peregrino poida vivir unha experiencia de encontro con Cristo.

No horizonte da próxima apertura da Porta Santa e do inicio dun novo Ano Santo Xubilar Compostelán, a Igrexa en Santiago prepárase para recibir aos numerosos peregrinos e fieis que chegarán ata a tumba do Apóstolo en busca das grazas xubilases e dunha renovada experiencia de fe.

Esta realidade pon de manifesto a necesidade de seguir fortalecendo a misión pastoral, evanxelizadora e de acollida espiritual do Cabildo Catedralicio. Neste contexto, a incorporación de novos membros permitirá reforzar este servizo xunto a quen xa veñen desempeñando esta misión, reafirmando o compromiso de la Iglesia en Santiago de Compostela de seguir ofrecendo a peregrinos e fieis un testemuño vivo de fe, comuñón e esperanza.

Previous articleConfirmacións na parroquia de Santo Tomé de Caldas
Next articleEscola Diocesana de Música Litúrxica