A parroquia de Santo Tomé de Caldas acolleu este domingo 28 de xuño a celebración do sacramento da Confirmación, presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto Fernández. A cerimonia reuniu os mozos que recibiron o don do Espírito Santo xunto ás súas familias, padriños, madriñas, catequistas e membros da comunidade parroquial.
Durante a celebración, o arcebispo dirixiu unha mensaxe próxima aos confirmandos, lembrándolles que detrás de cada nome hai unha historia e unha vida única recibida como don de Deus.












