A Escola Diocesana de Música Litúrxica xorde co propósito de ofrecer unha formación accesible e ao servizo da vida pastoral da Arquidiocese de Santiago de Compostela. A través do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosa (ISCCR) ofrécese un espazo de formación para numerosos destinatarios: salmistas, responsables de canto, directores de coro, coristas, instrumentistas e todas aquelas persoas que desexen profundar nesta materia.
Nun contexto onde moitas persoas colaboran activamente nas celebracións, faise necesaria unha preparación que axude a comprender mellor o sentido da liturxia e o valor da música como parte esencial da oración de la Iglesia. Esta formación tamén pode ser un estímulo para coñecer a importancia da música litúrxica, o canto gregoriano, a polifonía, o canto popular, o uso do órgano e outros instrumentos, etc.
Este primeiro ano, a proposta académica organízase cun curso básico e unha especialidade. Con iso, a Escola quere contribuír a formar persoas capaces de coidar e embelecer a celebración, fortalecendo así a vida de fe e a comuñón das nosas comunidades.
Curso básico de música liturxia
Especialidade de órgano
Tras a finalización do Curso Básico de Música Litúrxica o alumno obterá un certificado de asistencia e aproveitamento, asinado polo director do ISCCR e o coordinador do Curso. Así mesmo, os alumnos da especialidade de órgano que superen os obxectivos marcados ao comezo de curso tamén recibirán un certificado de asistencia e aproveitamento.
1.CURSO BÁSICO DE MÚSICA LITÚRXICA
OBXECTIVOS
O Curso Básico de Música Litúrxica quere ser un espazo de encontro e formación litúrxico-musical básico para todas aquelas persoas que o desexen, pero, especialmente, as que desempeñan algún labor de animación nas súas comunidades: membros de coros, músicos, directores, salmistas e todos aqueles amantes da música e da liturxia para que poidan:
Profundar na esencia da música litúrxica.
Capacitar para unha adecuada selección do repertorio.
Preparar axentes musicais para as celebracións litúrxicas.
Integrar tradición e práctica parroquial.
Mellorar a calidade celebrativa das comunidades.
CONTIDO
2026
21 de outubro – Que é a música litúrxica?
18 de novembro – Normativa de música litúrxica
16 de decembro – Selección de repertorios
2027
20 de xaneiro – O canto gregoriano hoxe 1
7 de febreiro – Cantar a Misa ou cantar en Misa?
17 de marzo – A música nos sacramentos e sacramentais
21 de abril – O canto do Salmo responsorial
19 de maio – O coro e a asemblea
16 de xuño – O órgano e outros instrumentos
METODOLOXÍA
A parte das clases maxistrais, tamén práctica de canto, lectura e interpretación de partituras, rudimentos básicos para a dirección, talleres, audicións, participación nalgunha celebración diocesana na Catedral.
Coordinador: Óscar Valado Domínguez
Director do Departamento Diocesano de Música Sacra
Duración: De outubro a xuño (9 sesións, 1 ao mes)
Horario: 20.00 a 21:30h.
Lugar: Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas (presencial / en liña)
Custo: Curso Básico de Música Litúrxica: 90 € / ano.
Para alumnos da especialidade de órgano: 50 € / ano Contacto:
musicasacra@archicompostela.org
2. ESPECIALIDADE DE ÓRGANO
OBXECTIVOS
A Especialidade de órgano é a primeira que ofrece a Escola Diocesana de Música Litúrxica e pretende:
* Formar organistas capacitados para o servizo litúrxico.
* Mellorar progresivamente a calidade musical das celebracións.
* Ofrecer un itinerario formativo con identidade diocesana.
* Favorecer o coidado e dinamización do patrimonio organístico.
* Crear, a medio prazo, unha rede de colaboración entre organistas da Arquidiocese.
Para matricularse nesta especialidade é necesario ter coñecementos básicos de música.
CONTIDO
1. Técnica e repertorio
2. Acompañamento litúrxico
3. Improvisación aplicada
4. Recursos prácticos celebrativos
METODOLOXÍA
Clases individuais con cada alumno no órgano Rieger-Kloss da Capela do Seminario Maior Interdiocesano Apóstolo Santiago; así como noutros órganos da cidade por determinar.
Coordinador: Adrián Regueiro
Organista da Catedral de Santiago
Duración: Desde setembro a xuño – 2 sesións individuais ao mes Horario:
A concretar co profesor Custo: Clases individuais: 80 € / mes.
Contacto: adrian.regueiro@icloud.com









