Cee acolle a Vixilia diocesana do DOMUND: esperanza que transcende fronteiras

  • Cee acolleu a Vixilia Diocesana do DOMUND presidida polo arcebispo de Santiago, unha cita marcada pola oración, o testemuño misioneiro e a esperanza compartida.
  • A xornada incluíu tamén a clausura das celebracións polo 75º aniversario do Dogma da Asunción de María, que se viñan desenvolvemendo desde o mes de agosto.
 A tarde do sábado 18 de outubro, a parroquia de Cee converteuse no corazón misioneiro da diocese de Santiago de Compostela. No santuario da Virxe da Xunqueira, fregueses, sacerdotes e representantes diocesanos reuníronse con motivo da celebración diocesana do Día do DOMUND, organizada pola delegada de Misións, Fátima Noya, e o seu equipo.
Ás sete e media da tarde, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto Fernández, presidiu a Eucaristía no santuario da Xunqueira acompañado polos sacerdotes Desire Kouakou, párroco de Cee, e Daniel Turnes. A cita enmarcouse tamén en clausúraa das celebracións, que levan celebrando en Cee desde o mes de agosto, polo 75º aniversario do dogma da Asunción da Virxe María.

A Virxe, primeira misioneira

Durante a súa homilía, o arcebispo destacou a figura de María como “a primeira misioneira”, aquela que “levou no seu seo a Cristo, a verdadeira esperanza do mundo”. Lembrou que o lema do Domund deste ano, inspirado no Ano Xubilar da Esperanza, convida a toda a Igrexa a “ser misioneiros de esperanza alí onde cada un vive e traballa”.
O prelado compostelán subliñou que a misión comeza no corazón e sostense coa oración: “Non podemos ser misioneiros se non somos crentes que oran, esperan e confían”. Destacou ademais que a oración comunitaria é a forza que sostén a quen anuncia o Evanxeo nas fronteiras do mundo.
Nas súas palabras, Mons. Prieto Fernández explicou que “a mellor predicación é a vida mesma”. Non se trata -dixo- de falar sen cesar do Evanxeo, senón de vivilo con coherencia e alegría na familia, no traballo, entre os amigos e na rúa. “Ser misioneiro é testemuñar cos xestos cotiáns o que se cre”, sinalou.

A oración, columna da misión

A oración, columna da misión O arcebispo fixo unha invitación a vivir unha esperanza activa, feita de oración e servizo. Neste sentido, señalóque a fe aliméntase na oración compartida: “cando rezamos xuntos, sabémonos parte dunha mesma familia que sofre, confía e espera”.
Citou a perseveranza de Moisés, sostido polo seu pobo mentres oraba, e a insistencia da viúva do Evanxeo, como exemplos dunha fe que non se rende. “Só desde esa oración perseverante -afirmou- pódese soster a misión e manter viva a esperanza nun mundo que moitas veces a perde”.
Finalmente, o arcebispo animou á comunidade para mirar á Virxe da Xunqueira cun corazón agradecido, recoñecendo nela o modelo de toda vocación misioneira: unha fe que escoita, ponse en camiño e entrégase.
Un saúdo desde Mozambique
Tras a homilía, a delegada diocesana de Misións, Fátima Noya, compartiu cos asistentes unha mensaxe de audio enviado por Estrela, unha misioneira galega que traballa en Mozambique.

No seu testemuño, Estrela agradeceu a oración e o apoio da comunidade de Cee, asegurando que “cando un misioneiro sente acompañado pola oración doutros, a soidade faise máis levadía”. Contou que na súa zona a poboación estaba a ser desprazada por intereses económicos e mineiros, o que aumentaba a dificultade do traballo pastoral e social.

A misioneira lembrou a importancia do DOMUND como instrumento de axuda real. E engadiu que as achegas chegan ás zonas máis necesitadas do planeta grazas á rede de la Igrexa universal.

Estrela subliñou tamén o valor da educación misioneira desde a infancia. Lembrou a súa propia vocación, nacida a través da revista Aguiluchos, e celebrou que “os nenos sigan aprendendo que eles tamén poden ser misioneiros, levando alegría, axuda e fe a quen os rodea”.

Un froito vivo da misión

Ao concluír a Eucaristía, o párroco Desire Kouakou tomou a palabra para agradecer a presenza do arcebispo e compartir un testemuño persoal profundamente conmovedor. Lembrou con emoción a súa propia historia familiar, froito directo da labor misioneira en África. Contou que o seu avó foi o primeiro catequista do seu pobo grazas aos misioneiros, e que a súa nai e os seus tíos foron criados e educados por eles cando quedaron orfos. “Sen os misioneiros -afirmou- eu non estaría hoxe aquí. Eles foron quen sementaron a fe na miña familia. Deron a vida, construíron escolas e hospitais, abriron camiños onde non os había”.

O párroco ilustrou o labor misioneiro como unha sementeira paciente. Para Kouakou, quen anuncia o Evanxeo depositan pequenas sementes de fe que, co tempo, xerminan e dan froito no corazón das persoas.

Unha xornada de fe, memoria e compromiso

A celebración do Día do DOMUND en Cee foi moito máis que unha conmemoración litúrxica. Foi unha xornada de memoria agradecida e compromiso renovado, na que se entrelazaron as historias persoais, os testemuños de fe e a chamada universal á misión.

O santuario da Virxe da Junqueira encheuse de oracións, cantos e emocións compartidas. Cada xesto, cada palabra e cada silencio lembraron o sentido profundo do lema deste ano: “Misioneiros de esperanza”.

Baixo a mirada da Virxe, os fieis reafirmaron o seu desexo de vivir a fe cun corazón aberto e solidario. Como subliñou o arcebispo Prieto Fernández, a esperanza non é un ideal abstracto, senón un compromiso que se constrúe cada día.

A comunidade de Cee despediu a xornada co convencemento de que a misión continúa en cada xesto cotián, en cada oración compartida e en cada palabra de consolo. Foi unha tarde luminosa de fe, na que a Virxe da Junquera volveu reunir ao seu pobo baixo o signo da esperanza e o amor misioneiro.

Previous articleO arcebispo de Santiago chama a renovar a vocación misioneira con esperanza no Domund 2025
Next articleInicio do curso de catequese: unha chamada á misión, á oración e á esperanza