A Delegación de Misións e OMP presentan a Memoria Anual co horizonte no centenario do DOMUND 2026

A Delegación Episcopal para as Misións e a Dirección Diocesana de Obras Misionais Pontificias (OMP) fan pública a súa Memoria Anual de Actividades e resultados económicos das campañas, un documento que recolle o traballo pastoral, a vida orante e a solidariedade compartida polas comunidades parroquiais ao longo do último curso.

A memoria ofrece un completo informe sobre as iniciativas e encontros de animación misioneira desenvolvidos con nenos de catequese, mozos, catequistas e familias, así como as vixilias de oración e encontros diocesanos celebrados nas distintas parroquias. Así mesmo, ponse en valor o testemuño incansable dos nosos misioneiros e misioneiras diocesanos espallados polo mundo.

Este balance compleméntase coa presentación da Mensaxe do Papa León XIV para o centenario da Xornada Mundial das Misións (DOMUND 2026) que, baixo o lema «Un en Cristo, unidos na misión», nos convida a renovar o ardor evanxelizador, superar divisións e fortalecer a comuñón eclesial.

Xunto cos liñamentos e obxectivos pastorais para o novo curso, a memoria inclúe o resumo dos resultados económicos, reflectindo con transparencia a xenerosidade e o apoio material co que a nosa diocese contribúe ao sostemento das igrexas nacentes e dos territorios de misión en todo o planeta.

Todo o equipo agradece de corazón a entrega de cantos fan posible que a nosa igrexa local siga sendo unha comunidade viva, orante e solidaria ao servizo do Evanxeo.

MEMORIA 2025 (PDF)

 

Previous articleEntrevista a Monseñor Prieto no Bos días Galicia
Next articleLa Policía Nacional celebra el día de sus patronos, los Ángeles Custodios