A Diocese de Santiago de Compostela continúa celebrando as Xornadas Sacerdotais, un espazo de encontro e formación para o clero diocesano. Na xornada de hoxe, os sacerdotes reúnense simultaneamente nas vigairías da Coruña e Santiago, avanzando no camiño de reflexión pastoral aberto tras a Asemblea Diocesana de novembro.
Estes encontros, enmarcados na preparación do futuro Plan Pastoral 2026-2029, están dedicados á oración, a formación e o discernimiento compartido sobre os retos actuais da diocese.
As Xornadas Sacerdotais concluirán mañá na Coruña, poñendo fin a unha semana de traballo e convivencia ao servizo da renovación pastoral da Arquidiocese.












