Do 9 ao 11 de setembro, Encontro de Formación Permanente do Clero de Galicia

Baixo o lema «Fráxiles… Máis con esperanza», as delegacións e vigairías para o Clero de Galicia organizan unha nova edición do Encontro de Formación Permanente do Clero no mosteiro de San Xoán de Poio, do 9 ao 11 de setembro. Alén da formación, os asistentes terán a oportunidade de compartir momentos de oración e de descanso.
O mércores 9 de setembro, pola mañá, o Operario Diocesano e director da Residencia Mosén Sol en Castelló, na que se ofrece axuda integral a sacerdotes, Emilio Lavaniegos González, ofrecerá as relatorios «Trazos da propia fidelidade» e «Camiños para a propia santificación». Pola tarde, haberá dinámica de grupos sobre as conferencias da mañá e experiencia de vida e traballo pastoral compartidos.
Ao día seguinte, xoves 10 de setembro, o profesor da Universidade Pontificia de Salamanca, Gaspar Hernández Peludo, abordará a importancia da formación permanente a través dos relatorios: «A formación permanente: un estilo de ser presbíteros» e «A cultura da formación permanente: sacerdotes sempre, totalmente, xuntos». Pola tarde, levarase a cabo unha excursión ao mosteiro de Santo Benito de Lérez.
Para rematar, o venres 11 de setembro, o cardeal e bispo de Córsega, Francisco Javier Bustillo Rípodas, natural de Pamplona, impartirá as conferencias: «Sacerdote: un home de Deus» e «Sacerdote: un home para amar».

Díptico informativo (PDF)

 

Previous articleA Delegación para o Laicado da Arquidiocese de Santiago organiza un retiro espiritual
Next articleAuga viva’ no Tempo da Creación 2026 para unir “oración, compromiso coa paz e coidado da casa común”