Peregrinación diocesana a Terra Santa como preparación ao Año Santo Compostelán 2027
Unha experiencia espiritual seguindo as pegadas de Xesús desde a mirada do apóstol Santiago.
Do 26 de xullo ao 2 de agosto de 2026, cun amplo recorrido por Galilea, Xudea e Xerusalén.
A Diocese de Santiago de Compostela anuncia a organización dunha Peregrinación Diocesana a Terra Santa que se celebrará do 26 de xullo ao 2 de agosto de 2026, cumprindo coa tradición de visitar os santos lugares como parte da preparación espiritual para o Ano Santo Compostelán 2027. A iniciativa propón percorrer os principais lugares bíblicos vinculados á vida de Xesús, pero cun enfoque singular: contemplalos desde a perspectiva do apóstolo Santiago o Maior.
A peregrinación estará presidida por Mons. Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago de Compostela, e preséntase como unha invitación aberta a todos os diocesanos (laicos, relixiosos e sacerdotes) que desexen vivir unha experiencia de fe nos escenarios onde se desenvolveron os relatos evanxélicos.
Unha experiencia espiritual seguindo as pegadas de Xesús desde a mirada do apóstolo Santiago
Durante a peregrinación seguiranse as pegadas de Xesús, podendo coñecer presencialmente algúns dos lugares máis significativos da historia da salvación. Acompañaremos simbólicamente ao Apóstolo no seu camiño xunto ao Mestre para profundar nos episodios máis importantes do Evanxeo e a historia da Igrexa.
Entre os destinos previstos figuran Nazaré, Caná de Galilea, a Basílica da Anunciación, o Monte Tabor, o Monte das Bienaventuranzas, Cafarnaúm, Tabgha, o Mar de Galilea e o Primado de Pedro. Tamén se visitarán o río Xordán, Xericó, o Monte das Tentacións e o Mar Morto, antes de continuar cara a Belén, con paradas na Basílica da Natividade, a Gruta do Leite e o Campo dos Pastores.
O percorrido culminará en Xerusalén, con visitas ao Monte das Oliveiras, Xetsemaní, a Vía Dolorosa, o Santo Sepulcro, San Pedro en Gallicantu, a Chaira do Templo, o Muro das Lamentacións, o Monte Sión, o Cenáculo, a Abadía da Dormición e a igrexa de Santiago dos Armenios, ademais de Xaffa.
Entre os lugares que se visitarán, atópanse destinos especialmente conectados coa historia do Apóstolo, como o Lago de Galilea, no que desempeñaba a súa vida como pescador e no que recibiu a chamada; o Tabor, onde foi un das testemuñas privilexiadas da Transfiguración; ou Xaffa, o porto desde onde a tradición xacobea sinala que foron trasladados os seus restos mortais ata a nosa terra. No contexto da peregrinación, tamén se producirá un irmandamento coa comunidade cristiá de Xaffa de Nazaré, que desde a Idade Media conserva a memoria da casa de Zebedeo e os seus dous fillos, os apóstolos Santiago e san Xoán.
Do 26 de xullo ao 2 de agosto de 2026.
Os peregrinos diocesanos aloxaranse na Casa Nova franciscana de Nazaré e Belén, o que permitirá un ambiente de recollemento e proximidade aos lugares santos. A diocese subliña que se trata dunha peregrinación preparatoria do Ano Santo, cun itinerario similar ao habitual en Terra Santa, aínda que lixeiramente modificado para seguir de maneira especial as pegadas de Xesús desde a tradición xacobea.
A organización corre a cargo da axencia IAG7 e Axis Peregrinacións. As reservas xestiónanse a través deste formulario ou mediante o contacto con Diego García (654 043 828).
As plazas son limitadas e desde a organización animan a formalizar a inscrición con antelación para facilitar a organización e permitir un calendario de pagos máis accesible. Para participar é necesario achegar nome e apelidos, DNI, pasaporte en vigor con polo menos seis meses de validez a partir da data da viaxe e datos de contacto.
O calendario establece un primeiro pago de 300 euros en concepto de reserva de praza (xaneiro/febreiro), un segundo pago de 600 euros antes do 27 de marzo, un terceiro de 700 euros antes do 29 de maio e un último abono, correspondente á cantidade restante, antes do 25 de xuño.
Con esta iniciativa, a Diocese de Santiago convida a emprender un camiño de preparación espiritual cara ao Ano Santo Compostelán, unindo peregrinación, formación e vivencia comunitaria nos lugares onde naceu a fe cristiá.
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.