Xa están abertas as inscricións para o Encontro de Catequistas de Galicia, que se celebrará o próximo 24 de xaneiro en Santiago de Compostela. A xornada está dirixida a catequistas de todas as dioceses galegas e quere ser un espazo privilexiado de encontro, reflexión e convivencia.
O encontro dará comezo ás 10:30 h na Hospedería de San Martiño Pinario. Ao longo do día, os participantes poderán compartir e coñecer distintas experiencias de catequeses que se están desenvolvendo nas dioceses, favorecendo o intercambio de boas prácticas e a reflexión conxunta sobre a misión catequética no momento actual a través dos encontros que se irán sucedendo ao longo da mañá.
Haberá tamén oportunidade para o encontro e intercambio fraterno entre os catequistas das distintas Dioceses galegas. A iso contribuirá a comida de confraternidade, un verdadeiro signo de comuñón e encontro fraterno. A xornada concluirá ás 17:00 h coa celebración da Eucaristía, centro e culmen deste día de encontro.
Desde a organización, e por razóns organizativas, anímase aos párrocos e a todos os catequistas a realizar a súa inscrición antes do mércores 21 de xaneiro, e a participar nesta cita que busca fortalecer a vocación catequética e seguir camiñando xuntos como Iglesia en Galicia. Para inscribirche pulsa na seguinte ligazón:
Para inscribirte preme no seguinte enlace:













