O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, acudiu esta mañá ao programa informativo da Televisión de Galicia Bos Días. Foi entrevistado pola xornalista María Cheda a raíz da presentación do cartel e do lema do Ano Santo Compostelán 2027, para o que quedan menos de cen días.
Manifestou, con motivo do lema elixido, «Ao veren a estrela, enchéronse de inmensa alegría», que os Magos, que foron peregrinos guiados pola estrela, vivirán o seu camiño con inmensa alegría. Aléntanos a vivilo con alegría.
O día 31 ábrese a Porta Santa, porta da esperanza, que busca conciliar a todos. A Praza da Quintana é un lugar onde podemos coincidir todos. A Igrexa que abre a Porta é aquela Igrexa acolledora que acolle a todos os que chegan.
Ante a pregunta sobre unha posible visita do Papa, afirmou que posuímos unha esperanza fundada e esperanzada.






