Cáritas Diocesana de Santiago, a través do seu Interparroquial de Pontevedra, avanza na construción do Centro de Acollida e Inclusión “Santa Ana”, destinado a mulleres en risco de exclusión social. Cun investimento superior a 450.000 euros e grazas ao apoio dunha nova campaña de micromecenazgo, este recurso pioneiro ofrecerá un espazo estable e seguro que facilitará a transición cara a unha vida autónoma.
Visita institucional e respaldo nacional
O arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, o presidente de Cáritas Española, Manuel Bretón, e a directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, visitaron xunto ao director da Interparroquial de Pontevedra, Juan Carlos Abeigón, as obras do novo centro, situado na rúa Joaquín Costa nº 64.
O acto supón un impulso público á campaña de crowdfunding “Un fogar para volver crer”, que busca implicar á sociedade civil e ao tecido empresarial no financiamento deste recurso clave.
O centro: un recurso único na provincia
O novo Centro de Acollida e Inclusión “Santa Ana” é a fase 3 dun proxecto global que xa transformou a atención social en Pontevedra coa posta en marcha do Albergue San Javier e do Centro de Atención Continuada San Roque.
O edificio contará con 8 habitacións: 7 individuais e 1 dobre adaptada para mulleres con discapacidade, todas con baño propio. As zonas comúns están compostas por cociña, salón-comedor e sala multifuncional para terapia e acompañamento. As instalacións contan cunha superficie total de 270 m² construídos (225 m² útiles), que se suman ao 1.375 m² de uso socioasistencial xa en funcionamento.
A diferenza do albergue temporal, este centro ofrecerá estancias prolongadas e un acompañamento integral, creando as condicións necesarias para que as mulleres poidan recuperar a súa autonomía e construír un proxecto de vida estable.
O arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, sinalou que “un centro como este non só abre as súas portas a mulleres en situación de vulnerabilidade, senón que abre tamén unha porta de esperanza. Cáritas demostra que cando a comunidade únese, pódese devolver dignidade, seguridade e futuro a quen máis o necesitan”
Para o presidente de Cáritas Española, Manuel Bretón, “cando a cidadanía se implica, os proxectos sociais convértense en auténticos motores de transformación.”.
Segundo a directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, “con este novo centro reforzamos unha rede de recursos que permite pasar da emerxencia á integración, ofrecendo ás mulleres vulnerables non só un teito, senón a oportunidade de refacer a súa vida. Pontevedra pode sentirse orgullosa do que aquí se está construíndo”.
Unha campaña aberta a toda a sociedade
Cáritas convida a sumarse a este proxecto a través de donativos puntuais nas seguintes contas, indicando como finalidade “CAMPAÑA CÁRITAS STA ANA”
Caixabank (BIZUM 38188),
Banco Santander (ES75 0049 5557 6221 1601 6125)
e Abanca (ES85 2080 5401 5930 4016 6835).
Cada contribución permitirá continuar ofrecendo apoio e esperanza ás persoas máis necesitadas.
Todas as achegas contan con certificado fiscal e desgravacións de ata o 80% en IRPF e ol 40% en Imposto de Sociedades especificando o DNI da persoa donante.
Todas as achegas contan c














