A Asemblea de delegados de Medios reúnese en Roma polo Xubileu 2025

Roma acolleu do 24 ao 26 de xaneiro a Asemblea de delegados diocesanos para as Comunicacións Sociais con motivo do Xubileu 2025. O evento coincidiu coa festividade de San Francisco de Sales, patrón dos xornalistas e comunicadores. O equipo da Delegación para as Comunicacións Sociais da Arquidiocese de Santiago de Compostela foi unha das participantes.
A xornada inaugural, o venres 24, celebrouse na Sala Stampa do Vaticano, onde os delegados foron recibidos polo seu director Mateo Bruni. Máis tarde, asistiron a unha recepción na embaixada española ante o Vaticano, concluíndo o día cunha celebración penitencial e misa en honra a San Francisco de Sales en San Juan de Letrán.
O sábado, os participantes peregrinaron á basílica de San Pedro e asistiron a diversas conferencias na aula Pablo VI no marco do xubileu dos medios. Foron recibidos polo papa Francisco, e pola tarde, os xornalistas vaticanistas de lingua española explicaron o seu labor na cidade. A xornada culminou cunha visita guiada á igrexa de Montserrat.
O domingo, último día do xubileu, os delegados participaron na misa do Santo Padre na basílica de San Pedro, en conmemoración do domingo da Palabra de Deus.
Previous articleEncontro de reitores e formadores de Seminarios Menores
Next articleDedicación de tres altares nas parroquias de Güimil, Vilarmaior e Verís