Dedicación de tres altares nas parroquias de Güimil, Vilarmaior e Verís

Hoxe, domingo 26 de xaneiro, no marco da celebración do VI Domingo da Palabra de Deus, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto, presidiu a dedicación de tres altares nas parroquias de Güimil, Vilarmaior e Verís. En todas as celebracións, o párroco D. Diego Parra acompañou o arcebispo nos ritos de dedicación.
O día, instituido polo papa Francisco para fomentar a reflexión, celebración e divulgación das Sagradas Escrituras, tivo un significado especial para estas comunidades, que viron como os seus novos altares foron consagrados en cerimonias solemnes e emotivas.
San Cristovo de Goimil
A dedicación dun altar é un rito solemne e profundamente significativo na liturxia da Igrexa. A misa específica para esta ocasión inclúe a bendición e aspersión da auga por parte do bispo, quen asperxe o pobo e o novo altar. Logo, durante a liturxia da palabra, realízanse tres lecturas e o bispo ofrece unha homilía, seguida polo Credo e as ladaíñas dos santos.
O momento culminante do rito é a celebración da Eucaristía, que está intimamente relacionada coa dedicación do altar. Ademais, realízase unha oración de dedicación na que se expresa a vontade de consagrar o altar ao Señor para sempre. Os ritos de unción, incensación, revestimento e iluminación do altar simbolizan a acción invisible que Deus realiza a través da Igrexa durante a celebración dos sagrados misterios, especialmente a eucaristía.
A unción do altar con crisma convérteo en símbolo de Cristo, o «Unxido». A queima de incenso simboliza o sacrificio de Cristo e as oracións dos fieis ascendendo a Deus. O revestimento e a iluminación do altar indican o seu papel como mesa do sacrificio eucarístico e a luz de Cristo iluminando as nacións.
San Pedro de Vilarmaior
Previous articleA Asemblea de delegados de Medios reúnese en Roma polo Xubileu 2025
Next articleJubileo de la Vida Consagrada en Santiago