A Arquidiocese de Santiago de Compostela destinou o 18% dos gastos a actividades pastorais e asistenciais en 2.021

  • O arcebispo, monseñor Julián Barrio, presidiu o Consello de Asuntos Económicos da Diocese de Santiago de Compostela.
  • Aumento de achegas económicas por parte dos fieis, un 27.61%, do que se é consciente do esforzo que realizaron os diocesanos nesta materia.

Na mañá do mércores 20 de xullo, o arcebispo mons. Julián Barrio, acompañado do bispo auxiliar mons. Francisco Prieto, presidiu o Consello de Asuntos Económicos da Diocese. Un organismo diocesano que está formado por sacerdotes e laicos cualificados, expertos en materia económica e en dereito, e de probada integridade. Compete a este Consello (segundo indica o c 493 do CIC) elaborar cada ano o orzamento de ingresos e gastos para todo o réxime da diocese no ano entrante, así como aprobar as contas de ingresos e gastos a fin de ano.

Nun exercicio de transparencia, a Igrexa Diocesana en Santiago de Compostela fixo públicas as súas contas anuais correspondentes ao ano 2021, nun escenario que o ecónomo diocesano, Fernando Barros, considera un resultado bastante positivo.

Da análise comparativa da execución do orzamento de 2021 con respecto á execución do orzamento en 2020, destacar na liquidación que o total da execución en canto aos ingresos ordinarios, aumentaron un 35.56 % con respecto a 2020 o que en termos absolutos supón un aumento de 5 544 551.10 euros. No referente aos gastos ordinarios comparándoos coa execución de 2020, tamén destaca na execución, un incremento do 5.89 % respecto a 2020.

O máis significativo do balance económico no 2021, neste sentido, é a capacidade de financiamento que se situou en 1 096 373.75 euros, cando en 2020 presentouse unha necesidade de financiamento de 191 564,67 euros

Por partidas, comparándoo coa execución de 2020, cabe destacar significativamente o aumento de achegas económicas por parte dos fieis, do que se é consciente do esforzo que realizaron os diocesanos nesta materia, nun 27.61% de incremento, do 185.64 % en ingresos de patrimonio e outras actividades, e un aumento 36.20% noutros ingresos correntes, estes incrementos teñen a súa orixe principal na reactivación económica e da volta á “normalidade” derivada da Covid 19.

Durante 2021, a Diocese empregou en actividades pastorais e Asistenciais recursos que representaron un 18% do total que xunto cos gastos de Conservación e funcionamento e os programas de rehabilitación (21% e 13% respectivamente) e os empregos en centros de formación 2%, alcanzouse a cifra dun 54%, similar a cifras alcanzadas en 2020 que se situaron nun 53%: Actividades Pastorais e Asistenciais 19%, gastos de conservación e funcionamento 21% e programas de rehabilitación un 13%

Toda información económica, convenios, estudos e informes, etc. están recollidos no Portal de Transparencia do Arcebispado de Santiago de Compostela:

 

Previous articleDossier de Prensa da Peregrinación Europea da Mocidade 2022 (PEJ)
Next articleMáis de 400 voluntarios comezan a traballar para a PEJ en Santiago