Dossier de Prensa da Peregrinación Europea da Mocidade 2022 (PEJ)

  • A próxima semana terá lugar o inicio dos actos do Encontro Europeo da Mocidade en Santiago de Compostela. Esta semana, os mozos e mozas comezan a súa peregrinación repartidos polas distintas rutas do Camiño de Santiago. 
 A Peregrinación Europea da Mocidade (PEJ) é o encontro no que mozos de todo o continente europeo acoden peregrinando á tumba do apóstolo Santiago. Inicialmente estaba prevista o verán pasado, pero por mor da pandemia da covid-19 e coa ampliación do Ano Santo 2021 concedida polo papa Francisco á arquidiocese de Santiago de Compostela, celebrarase na primeira semana de agosto.
Aínda que a PEJ comeza oficialmente o 3 de agosto, os grupos de mozos comezarán a desprazarse a Santiago días antes para facer o Camiño. Para evitar aglomeracións, propuxéronse 11 rotas.
O mércores 3 de agosto terá lugar o acto de acollida e benvida dos peregrinos na praza do Obradoiro. Durante as xornadas do xoves ao sábado, ofrecerase un amplo programa de actividades que inclúe espazos e momentos para a formación, a oración e o lecer.
Ademais da inauguración, os actos centrais serán o sábado pola noite, a vixilia de oración, e o domingo pola mañá, a eucaristía dominical coa que se clausurará a PEJ. Ambos transcorrerán no Monte do Gozo, ao aire libre, para dar cabida aos 12 mil peregrinos.
A misa de clausura será presidida polo Card. Antonio Augusto dos Santos Marto, enviado especial do papa Francisco, bispo emérito de Leiria-Fátima.

Descargar Dosier de prensa

 

 

Previous articleO bispo auxiliar preside a reunión da permanente do Consello Pastoral Diocesano
Next articleA Arquidiocese de Santiago de Compostela destinou o 18% dos gastos a actividades pastorais e asistenciais en 2.021