Transparencia, solidariedade e misión: o rostro da Arquidiocese de Santiago de Compostela en 2024

  • O arcebispo, monseñor Francisco Prieto, presidiu o Consello de Asuntos Económicos da Diocese de Santiago de Compostela.
  • Aproba ademais a Memoria de Actividades relativa ao exercicio de 2024.

Na mañá do venres 20 de xuño, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu o Consello de Asuntos Económicos da Diocese, na súa sede da Curia, para estudar e aprobar os estados contables correspondentes ao exercicio económico de 2024.

Este organismo diocesano está formado por sacerdotes e laicos cualificados, expertos en materia económica e en dereito, e de probada integridade. Compete a este Consello (segundo indica o c 493 do CIC) elaborar cada ano o orzamento de ingresos e gastos para toda a diocese no ano entrante, así como aprobar as contas de ingresos e gastos a fin de ano.

Nun exercicio de transparencia, o ecónomo diocesano, Fernando Barros, presentou as contas anuais da Igrexa Diocesana en Santiago de Compostela correspondentes ao ano 2024, contas da Curia Diocesana, ISC (Instituto para a sustentación dos Clérigos), Parroquias e Entes Diocesanos.

Incremento de ingresos e principais fontes de financiamiento

Segundo o informe, os ingresos totais da diocese supoñen un crecemento do 13,33% respecto a a cifra orzada e un 6,62% en comparación con 2023. Entre os aumentos máis relevantes, destacan as achegas dos fieis, que se elevaron nun 14,59%, con respecto ao ano anterior. Parte desta subida atribúese a unha maior participación e compromiso da comunidade diocesana, aínda que tamén inflúe a recuperación en certos sectores das actividades pastorais e sociais que adoitan recibir apoio económico directo.

Incremento de gastos

A pesar do incremento en ingresos, os gastos tamén mostraron un aumento notable en 2024, aínda que en menor proporción, en torno ao 4,36%. A principal xustificación reside nos maiores custos sociais, salariais e nas actividades asistenciais e pastorais.

Memoria de Actividades

O balance financeiro da diocese reflicte un ano de crecemento en ingresos e esforzos significativos en investimentos e mantemento,

Neste encontro presentouse, ademais, a Memoria de Actividades correspondente ao ano 2024. Con ela, a Arquidiocese de Santiago segue avanzando na transparencia. Con esta Memoria dáse resposta a unha demanda en crecemento de información sobre as actividades de la Iglesia sobre a súa organización, sobre a súa estrutura, de como se financia e de que actividades desenvolve dentro dos fins de la Iglesia Católica.

 

Neste sentido o arcebispo, mons. Francisco José Prieto, afirma que “unha memoria institucional non é só un rexistro de feitos e logros; é, sobre todo, un acto de gratitude. A través dela recoñécese o esforzo, a dedicación e os valores compartidos por todas as persoas que formaron parte da institución ao longo do tempo. Preservar a memoria é honrar o pasado, valorar o presente e proxectar con esperanza o futuro. É agradecer con xustiza e afecto a quen fixo posible a historia e a identidade que hoxe nos definen”.
Nela reflíctese que en 2024 Cáritas atendeu directamente a 23.362 persoas, dentro dun total de 46.551 beneficiarios. Destacan as 15.276 atencións primarias e o traballo en áreas como a vivenda (826 persoas), a soidade e a falta de autonomía social (2.599 persoas) ou o emprego, que logrou inserir laboralmente a 586 persoas, grazas a un investimento de máis de 2,1 millóns de euros, un 14 % máis que o ano anterior.
acción litúrxica tamén foi relevante: en 2024 celebráronse 4.795 bautizos, 5.745 primeiras comuñóns, 3.079 confirmacións e 727 matrimonios, dando testemuño dunha comunidade viva e en crecemento.
O Camiño de Santiago rexistrou un novo récord con 499.185 peregrinos, fronte a os 446.088 do ano anterior, o que reforza o seu valor espiritual e cultural. En paralelo, a Delegación de Peregrinacións subliña que “o camiño comeza cando chegaches á meta”, entendendo a experiencia como metáfora de fe.
No plano educativo, 49 centros católicos acolleron a 26.294 alumnos e 2.008 docentes, mentres que 1.402 catequistas ofreceron formación na fe a distintas xeracións. No ámbito universitario, a pastoral reforzou o seu acompañamento a profesores, estudantes e persoal, facendo visible a fe “entre apuntamentos e clases”.
Delegación de Misións participou activamente no DOMUND baixo o lema “Ide e convidade a todos ao banquete”, destacando o chamamento do Papa Francisco a “seguir indo máis aló de toda fronteira”.
En canto a o patrimonio histórico e arquitectónico, investíronse 3.269.649 euros en 28 proxectos de rehabilitación, abarcando igrexas, casas reitorais, centros parroquiais e edificios emblemáticos como o Palacio Arzobispal ou o Seminario Menor.
Arquivo Histórico Diocesano xestionou 6.142 peticións de 14 países, con máis de 18.000 dixitalizacións catalogadas, consolidándose como custodio da memoria documental da diocese.
Por último, a pastoral penal atendeu a 342 persoas privadas de liberdade coa colaboración de 32 voluntarios, mentres que o Centro de Orientación Familiar (COF) ofreceu apoio a 318 persoas desde os seus catro centros repartidos polo territorio da Diocese.
Con estes datos, a memoria 2024 non só detalla o compromiso de la Iglesia en cifras, senón que retrata unha comunidade que pon en marcha a fe, tanto dentro como fóra dos templos. Unha Igrexa que, como destaca o arcebispo Francisco Prieto, “acompaña, guía e faise presente”.
A Diocese de Santiago, entre as máis transparentes de España
A Diocese de Santiago foi recoñecida como unha das máis transparentes do país, situándose no sexto lugar da clasificación elaborada pola Fundación Fai no seu informe anual sobre as 69 dioceses españolas.
O estudo, que clasifica ás dioceses en “Transparentes”, “Traslúcidas” e “Opacas”, destaca o esforzo continuo de la Iglesia compostelá en mellorar a súa rendición de contas.
Ademais, nunha avaliación paralela da Universidade Autónoma de Barcelona sobre a transparencia nas webs institucionais, a diocese logrou un 76,47% de cumprimento.
Toda información económica, convenios, estudos e informes, etc. están recollidos no Portal de Transparencia do Arcebispado de Santiago de Compostela: Portal de Transparencia

Con estos datos, la memoria 2024 no solo detalla el compromiso de la Iglesia en cifras, sino que retrata una comunidad que pone en marcha la fe, tanto dentro como fuera de los templos.

Una Iglesia que, como destaca el arzobispo Francisco Prieto, “acompaña, guía y se hace presente”.

 

Previous articleEncontro de investigadores da USC e teólogos do ITC arredor da intelixencia artificial
Next articleCONFER Galicia celebra medio século de compromiso coa vida consagrada e o servizo á sociedade