Xubileu do Apostolado Segrar

Este sábado, 7 de xuño, Ribeira foi o escenario da celebración do Xubileu do Apostolado, un encontro diocesano enmarcado dentro do Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar. Baixo o lema “Testemuñas de esperanza no mundo”, a xornada congregou a numerosos fieis e representantes de distintas realidades eclesiais, nun ambiente participativo e profundamente comunitario.

O día comezou cun momento de oración preparado pola Acción Católica Xeral de Santiago de Compostela, como forma de sintonizar espiritualmente co sentido do encontro. A continuación, Paco Durán impartiu unha charla centrada no itinerario “Presencia na vida pública”, unha das liñas pastorais xurdidas do Congreso de Laicos 2020. Na súa intervención, Durán insistiu na importancia dunha Igrexa en saída, misioneira, que saiba dar testemuño a través do anuncio e tamén da denuncia, cunha presenza significativa nos ámbitos familiares, sociais e políticos.

Durante a mañá, os asistentes traballaron en grupos para reflexionar sobre como construír comunidades cristiás abertas e samaritana, capaces de xerar vínculos na sociedade. Debateuse tamén sobre a necesidade de camiñar cara a unidades pastorais que fomenten a corresponsabilidade entre sacerdotes, laicos e persoas consagradas, e como isto inflúe directamente na misión evanxelizadora. Insistiuse na importancia de ser testemuñas de fe nas contornas cotiás: no traballo, na familia, entre os amigos. Todo iso desde unha actitude activa e atenta ás realidades que nos rodean, seguindo a metodoloxía do “ver, xulgar e actuar”.

Tras un xantar compartido nun ambiente distendido e fraterno, celebrouse unha mesa de experiencias, moderada polo seminarista Francisco, que desempeña a súa experiencia pastoral en UPA de Ribeira, e na que participaron seis persoas da comarca do Barbanza. Manuel Angel Reiriz, presidente dunha asociación de mariscadores e voluntario con persoas con discapacidade intelectual, compartiu a súa vivencia de fe. Sandra Lijó, enfermeira e colaboradora da pastoral penal, falou sobre como a súa fe inflúe no coidado dos pacientes. Manolo Reiriz, empresario xubilado e exconcejal, relatou a súa implicación na mellora da súa parroquia desde diferentes ámbitos sociais, políticos e eclesiais.

Tamén interviñeron Sara Franco Patiño, educadora social de Cáritas, que destacou a importancia do acompañamento como medio para construír comunidade; Ángeles Cores, actual presidenta de Cruz Vermella en Ribeira e exmiembro activo de Acción Católica, que subliñou a necesidade de conectar coas novas xeracións; e Mallerly Saucea, unha muller migrante de Colombia que, tras chegar sen recursos, atopou acollida e apoio en Cáritas parroquial. Todos eles mostraron como a fe se traduce en compromiso concreto e transformador.

A xornada concluíu cun xesto xubilar simbólico: os participantes depositaron os seus compromisos persoais nunha barca, como signo do seu desexo de transformación persoal e social. O percorrido cara ao templo estivo marcado por un camiño con pedras e flores: as pedras simbolizaban o sufrimento, as dificultades e os fracasos; as flores, en cambio, representaban a presenza —ás veces tenue, pero real— de Dios no medio da vida cotiá.

Finalmente, celebrouse a Vixilia de Pentecostés, presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto. A Eucaristía foi animada polo coro parroquial e culminou cunha colecta solidaria destinada ao proxecto Vagalume de Cáritas, que atende na diocese a persoas vítimas de trata laboral e sexual.

Na súa homilía, o arcebispo destacou o valor da comuñón e a unidade, utilizando a imaxe da barca para convidar a superar o individualismo: “Non construamos nosas propias lanchas, que non chegan a porto. Subamos xuntos á barca de Cristo, que é a barca común de la Iglesia”. Tamén agradeceu o esforzo da unidade pastoral de Ribeira e da Delegación de Apostolado Seglar pola súa implicación na organización deste evento tan significativo para a Igrexa diocesana.

Previous articleConfirmacións en Santa Eulalia de Arealonga
Next articleSantiago acolle a XVI Xuntanza de Scouts de Galicia con importantes novidades no seu itinerario formativo