Toma de posesión da nova Delegada de Ensenanza da Arquidiocese de Santiago de Compostela

  • O Arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, presidiu o acto de xuramento.

A sede do Arcebispado de Santiago acolleu no día de hoxe a cerimonia na que tomou posesión como Delegada de Ensino da Arquidiocese María Begoña Díaz García.

A nova Delegada valorou como un gran reto o que este nomeamento supón tanto no profesional como no laboral, e que compaxinará co seu labor como docente de Relixión no IES de Milladoiro en Ames.

Nada en Ferrol, Díaz García, casada e nai de tres fillos, é Licenciada en Ciencias Químicas pola USC e graduada en Ciencias Relixiosas polo Instituto Teolóxico Compostelán. A súa experiencia como docente desenvolveuse nos últimos anos no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo), IES Río Miño (Rábade-Lugo), IES As Insuas (Muros), IES A Guía (Vigo), IES Castelao (Vigo), IES Alexandre Bóveda (Vigo), IES Universidade Laboral (Ourense), IES Otero Pedrayo (Ourense).

Previous articleMons. Prieto asiste en Madrid á Permanente da Conferencia Episcopal Española
Next articlePrimeira reunión de traballo do arcebispo cos Vigairos Episcopais