Nota informativa sobre a renovación do Colexio Diocesano de Consultores

Con data 10 de novembro de 2026, o Excmo. e Rvdmo. Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. D. Francisco José Prieto Fernández, fai pública a renovación do Colexio de Consultores da Arquidiocese de Santiago de Compostela.
Transcorridos os cinco anos para os que se constituíu na nosa Arquidiocese o Colexio de Consultores, a teor do canon 502 §1, do Código de Dereito Canónico, e constituíndose por decreto do 31 de xullo de 2024 o novo Consello Presbiteral, renova o COLEXIO DE CONSULTORES, por tempo de cinco anos, con todas as funcións, competencias, dereitos e obrigacións, sinalados no Dereito, nomeando os seguintes membros do Consello Presbiteral:
Rvdo. D. José Andrés Fernández Farto.
Rvdo. D. Juan González-Redondo Neira.
Rvdo. D. Severino Suárez Blanco.
Rvdo. D. Luis Seoane Ares.
Rvdo. D. Manuel Jesús Formoso Fernández.
Rvdo. D. José Antonio Castro Lodeiro.
Rvdo. D. José María Pintos Recarey.
Rvdo. D. Manuel Ángel Blanco Vázquez.
Rvdo. D. Casimiro Fernández Núñez.
Rvdo. D. Javier García Rodríguez
O Colexio de Consultores é un órgano colexial, diocesano e de carácter consultivo, cuxos membros son nomeados libremente polo bispo de entre os sacerdotes que compoñen o consello presbiteral. Ten como función esencial colaborar co bispo diocesano mediante o exercicio das facultades que o dereito común lle confire ou o propio bispo lle pode confiar. Este organismo está constituído de forma estable e permanente e os seus membros son nomeados por un período de cinco anos. Reunirase en sesión ordinaria, segundo o preceptuado polo dereito, e en sesión extraordinaria sempre que o bispo o convoque.

 

Previous article«Ningún don é pequeno cando se pon ao servizo dos demais», recorda o arcebispo de Santiago no Día da Igrexa Diocesana
Next articleO órgano Grenzing abre unha nova etapa en San Martiño Pinario como espazo de cultura, educación, patrimonio e fe