Hoxe venres, o Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto Fernández, mantivo a primeira reunión de traballo cos novos Vigairos Episcopais que tomaron posesión o pasado xoves 14 de setembro: José Andrés Fernández Farto, como Vicario Xeneral e Moderador da Curia; Francisco Javier Porro Martínez, Vigairo Episcopal de Pastoral; Juan González-Redondo Neira, Vigairo Episcopal Territorial de Santiago; Jesús Andrés López Calvo, Vigairo Episcopal Territorial da Coruña; e Luís Seoane Ares, Vigairo Episcopal Territorial de Pontevedra.