O vindeiro domingo, 26 de xaneiro, o Santuario Nosa Señora da Barca en Muxía será escenario dunha solemne celebración relixiosa: o inicio do Ano Xubilar. Ás 17:30 horas, levarase a cabo unha procesión extraordinaria de Nª. Sra. da Barca, partindo desde a igrexa parroquial cara ao santuario.
Posteriormente, ás 18:00 horas, celebrarase a Santa Misa do Xubileu, presidida polo arcebispo de Santiago Mons. Francisco Prieto Fernández.
O Santuario Nosa Señora dá Barca en Muxía é un dos tres templos designados como xubilares, xunto con Nª Señora dos Milagros de Amil en Moraña e Nª Señora de Pastoriza en Arteixo, segundo o Decreto coas disposicións diocesanas para o Xubileu 2025 da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Ademais destes templos, a Catedral de Santiago e nos arciprestados estarán designados templos como xubilares durante as súas respectivas “semanas xubilares”.