- O cardeal Fabio Baggio primeiro confirmado no Encuentro 2026 sobre “A Civilización Occidental”
- É subprefecto do Dicasterio para o Desenvolvemento Humano Integral e experto en Migracións
- O Comité presentará en breve o desenvolvemento do Encontro de 2026
- Trazáronse as liñas mestras do Encontro 2027 “Os Camiños” que terá carácter internacional.
Esta mañá reuniuse na Hospedería do Seminario Maior o Comité Igrexa Empresarios para tratar do desenvolvemento dos Encontros 2026 e 2027 que versarán sobre “A Civilización Occidental” e “Os Camiños” respectivamente. Á reunión asistiron dezaseis empresarios de toda Galicia e por parte da Igrexa o arcebispo compostelán mons. Francisco Prieto, o ecónomo Fernando Barros, e o director de medios Andrés Trinquete.
Durante a reunión analizáronse os contidos dos programas e a proposta de relatores. Os Encontros buscan tratar temas de interese global para Igrexa e empresarios, con primeiras figuras do pensamento contemporáneo e da espiritualidade cristiá.
Fabio Baggio, primeiro conferenciante confirmado é subprefecto do Dicasterio do Desenvolvemento Humano Integral e experto en migracións. “Movilidade humana e xustiza global” será o título da súa conferencia. Tamén participará no diálogo posterior. O Encontro 2026 desenvolverase os días xoves 5 e venres 6 de novembro próximo.












