Hoxe xoves, 15 de outubro, tivo lugar na Casa Diocesana de Exercicios Espirituais de Santiago de Compostela unha reunión do Consello de Presbiterio, presidida polo arcebispo, monseñor Francisco José Prieto Fernández. O encontro centrouse na atención ao clero, o Seminario Maior Interdiocesano e as vocacións ao ministerio sacerdotal.
O encontro contou coa asistencia da práctica totalidade dos representantes das institucións e dos arciprestados da Igrexa compostelá. Participaron tamén o vicario xeneral, José Andrés Fernández Farto; o vigairo de Pastoral, Javier Porro Martínez, e os vigairos territoriais.
Entre outros temas relacionados coa vida diocesana, José Recarey Añón presentou o novo equipo da Delegación para o Clero; José Antonio Castro Lodeiro, reitor do Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago» de Galicia, abordou a realidade do centro; e Juan Bermúdez Abuín, delegado para as Vocacións, tratou as vocacións ao ministerio sacerdotal.












