Hoxe domingo, 8 de febreiro, un grupo de mocidade recibiron o sacramento da Confirmación na parroquia de Santa María a Maior de Pontevedra nunha Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Con esta celebración, a mocidade completou o seu itinerario de iniciación cristiá, arroupados polas súas familias, amigos e fieis da comunidade parroquial da unidade pastoral Pontevedra Norte.
Na súa homilía, e tendo como referencia as lecturas bíblicas dese domingo, o arcebispo lembrou que a fe implica liberdade, responsabilidade e obras concretas, e convidou a mocidade a vivila con proximidade e atención ao próximo. Tamén subliñou que a forza do cristián procede de Deus e animou os confirmandos a ser “sal da terra e luz do mundo” na súa vida diaria.













