Restauración do retablo da igrexa de San Xián de Laíño

A igrexa de San Xián de Laíño loce restaurado desde onte o seu retablo central de estilo barroco. Descoñécese a data exacta do seu deseño e a súa autoría, que se atribúe a Francisco de Lens, pero a igrexa para a que se encargou esta obra tan especial foi terminada en 1745.
É o motivo polo que o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, visitou esta Parroquia do municipio de Dodro, corroborar o gran cambio que experimentou este retablo, de dez metros de alto por oito de longo, no que destaca o uso de pan de ouro brunido na práctica totalidade da superficie.
Asistiron tamén, Francisco Lampón Curra, párroco de San Xián de Laíño; a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez; o ecónomo diocesano, Fernando Barros; así como representantes da corporación de Dodro, entre eles o rexedor, Xabier Castro.
Previous articleMisa solemne do voto da cidade de Santiago na Capela de San Roque
Next articleFesta de Santa María Virxe na Casa de Acollida “A Raíña”