La Antigua e Ilustre Confraría de San Roque, celebrou con toda solemnidade o mércores 16 de agosto a Festividade de San Roque, agradecendo a súa protección á cidade.
Pola mañá, ás 10:00 hs, o Cabildo Catedralicio presidido polo Deán da Catedral, D. José Fernández Lago, celebrou a Misa. Posteriormente, ás 11,00 hs, na Misa do voto realizou a invocación, representando a Cáritas Interparroquial, o xornalista compostelán D. Manuel Fraga Carou.
Xa pola tarde, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu a Santa Misa, ao termo da cal a imaxe de San Roque saíu en procesión polas Rúas compostelás. Asistiron varias Asociacións Relixiosas Seglares coas súas bandeiras e estandartes, SRAS co traxe galego, a banda de Santiago e numerosos fieis.







