- O Arcebispado de Santiago acolleu este mércores a presentación do relato divulgativo de Bruno Padín Portela, que sitúa a San Vicente do Grove como unha das portas marítimas da Traslación do Apóstolo.
có.

A moeda, de tan só 13 milímetros de diámetro, 0,33 de espesor e 0,28 gramos de peso, data do reinado de Fernando II (1157–1188) e é considerada unha das representaciones iconográficas máis antiguas da Translación do Apóstolo. No seu reverso aparece o cuerpo de Santiago na barca funeraria, acompañado polos seus discípulos Atanasio e Teodoro, e a inscripción “Santi Jacobi”, referencia á ceca compostelá.
“Ese pequeno obxeto marcou un antes e un despois no estudo da ruta xacobea por mar”, afirmó Padín, quen sostén que O Grove, en especial o Adro Vello, foi unha porta natural de entrada cara a Iria Flavia e Padrón no lendario translado do corpo do Apóstolo desde Terra Santa.

Un enclave con dous milenios de historia
Pero a moeda é só un capítulo dentro dunha historia moito máis ampla. Padín lembrou que ,Adro Vello foi unha importante vila romana entre os séculos I e V despois de Cristo cunha potente industria de salgadura, especialmente de sardiña, destinada á exportación: “Pasamos dunha economía de subsistencia a un modelo produtivo capaz de abastecer mercados afastados”.
Ademais, existen referencias documentais a San Vicente do Grove xa desde a Alta Idade Media, cando o enclave era citado mesmo como illa. Todo iso reforza a súa relevancia histórica como punto estratéxico do noroeste peninsular.
Desde 2017, unha escultura na igrexa de San Vicente lembra a moeda da Translación, permitindo a veciños e visitantes contemplar unha recreación daquela pequena peza que cambiou a narrativa histórica do lugar.
A cultura galega, unha das máis ricas de Europa
Durante a presentación interviñeron o arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto Fernández, e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez. Ambos coincidiron en subliñar o valor deste tipo de traballos para comprender as raíces de Galicia e do propio Camiño de Santiago.
“O Camiño, a Translación, a chegada do Apóstolo… todo forma parte da historia real da nosa terra e da súa xente”, sinalou o arcebispo. E engadiu: “A historia vaise construíndo como un mosaico, peza a peza, grazas ao traballo paciente da investigación”.

Un enclave con dous milenios de historia
Pola súa banda, Valentín García destacou que “a cultura galega é unha das máis ricas de Europa” e agradeceu a Padín e aos impulsores do proxecto, entre eles o párroco de San Vicente, Juan Ventura Martínez, o seu esforzo por divulgar “este pequeno milagre que foi a aparición da moeda”. Tamén apuntou á importancia de proxectar estes achados en vésperas do próximo Ano Xacobeo 2027, como parte da desestacionalización do fenómeno xacobeo e a súa expansión por todo o territorio galego.
Un relato que mira ao pasado para proxectarse ao futuro
O acto concluíu cunha mensaxe de esperanza e continuidade. “O Camiño e os camiños sempre son tamén as persoas que os percorren”, lembrou o arcebispo. Unha frase que resume ben o espírito deste traballo: rescatar o pasado para entender quen somos e cara a onde camiñamos.
Corenta anos despois do achado daquela diminuta moeda, O Grove volve situarse no mapa da historia xacobea, non só como destino turístico, senón como porta simbólica e real dunha das tradicións máis universais de Galicia. Ás veces, unha peza minúscula basta para descubrir un legado.













