Eucaristía de Inicio Diocesano da Catequese, en directo por TVG

Este domingo 19 de octubre, dentro do inicio da catequese, celebrarase a Eucaristía de inicio Diocesano da catequese desde A igrexa de San Fructuoso de Santiago de Compostela, ás 10:00h. A celebración será presidida polo Arcebispo mons. Francisco José Prieto Fernández e será retransmitida pola Televisión de Galicia (TVG).

Na celebración, realizarase o envío dun grupo de catequistas, que representan os diversos grupos que están presentes nas parroquias diocesanas, de mans do Señor Arcebispo e que se fará extensible a todos os catequistas da Diocese. Nese momento entregaráselles como signo a axenda diocesana do catequista, que quere ser expresión da unidade e sinodalidad á que todos estamos chamados.

 

Previous articleO profesorado de Relixión participa nunha xornada de formación en Santiago
Next articleO Consello Diocesano de Pastoral avanza na elaboración do novo Plan Pastoral Diocesano 2026-2029