Entre todos os actos que se desdesenvolven en toda Visita ad limina destacan a peregrinación ás tumbas de Pedro e Paulo; presentación ao Papa dun informe da realidade pastoral de cada Diocese; e o encontro persoal con el, que na actualidade realízase en grupo. Xunto a eles, os bispos manteñen reunións con responsables de diferentes Dicasterios, termo utilizado para referirse a diversos organismos da Curia romana que axudan ao Papa no exercicio do seu ministerio ao servizo da Igrexa universal.
Esta mañá, o arzobispo compostelano mons. Julián Barrio e os demais bispos convocados foron recibidos en audiencia polo Santo Padre no Palacio Apostólico, na que houbo un tempo de diálogo dentro deste encontro enmarcado na comuñón co sucesor de Pedro e cos apóstolos, o que constitúe o momento central da visita.
Este encontro -e toda a visita- é unha ocasión para a comuñón eclesial, a colexialidade episcopal e a caridade fraterna entre os Pastores e o Papa.












