O inicio da Coresma reuniu os sacerdotes en retiros dirixidos polo arcebispo

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, deu comezo á axenda pastoral do inicio da Coresma cunha intensa xornada de actividades relixiosas que estiveron centradas na oración, a reflexión e o acompañamento ao clero diocesano.
A primeira das citas tivo lugar cun retiro espiritual dirixido aos sacerdotes da Vigairía de Pontevedra. Este encontro enmarcouse dentro das propostas pastorais propias deste período, orientadas á preparación interior e ao fortalecemento da vida espiritual do presbiterio. A convocatoria reuniu os sacerdotes da zona nun espazo de recollemento e reflexión, en consonancia co significado do inicio da Coresma.
A xornada continuará pola tarde coa celebración da Eucaristía na Catedral compostelá, prevista para as 19:30 horas e presidida polo propio arcebispo.
Mañá xoves, o arcebispo dirixirá un retiro dirixido aos sacerdotes da Vigairía de Santiago, mantendo así a mesma liña de acompañamento espiritual ao clero. Posteriormente, o venres, desenvolverá un novo retiro destinado aos sacerdotes da Vigairía da Coruña.

Previous articleMonseñor Prieto presidirá a Eucaristía do Mércores de Cinza na Catedral de Santiago
Next articleO arcebispo de Santiago invita no inicio da Coresma a vivir unidos un tempo de graza, escoita e conversión