O arcebispo pide aos novos ordenados que sexan amigos do Señor e pastores con entrañas de misericordia

  • Monseñor Francisco Prieto ordena a Enrique Alonso e Fernando Ramos como sacerdotes e a Enrique Malvar como diácono na Catedral compostelá

El domingo 6 de julio, a las 17:00 horas, la Catedral de Santiago de Compostela acogió solemnemente a cerimonia de ordenación de tres seminaristas que, a partir dese momento, pasan a formar parte do clero diocesano. A celebración eucarística estivo presidida por mons. Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago, quen conferiu a orde do diaconado a Enrique Malvar Blanco, mentres que Enrique Alonso Alonso e Fernando Ramos Guerra recibiron a ordenación sacerdotal, marcando un fito significativo na súa vocación e compromiso coa Igrexa.

A cerimonia contou coa presenza de monseñor Julián Barrio Barrio, arcebispo emérito, así como dos reitores dos seminarios Maior e Menor, membros do cabido catedralicio, un numeroso grupo de sacerdotes, diáconos, seminaristas e representantes da vida consagrada, reflectindo a unidade e comuñón da Igrexa local ao redor deste momento de graza.

Familiares e amigos dos novos ordenados uníronse á celebración, acompañando coa súa presenza e oración este paso transcendental nas súas vidas.

Tras a liturxia da Palabra, o reitor do Seminario Maior Interdiocesano, José Antonio Castro Lodeiro, dirixiuse ao arcebispo para presentar aos candidatos á ordenación. Seguindo o rito litúrxico, pediu ao prelado que os admitise ao ministerio para o que foran formados.

 

“Agradecede o don que tedes recibido”

Durante a súa homilía, monseñor Francisco Prieto, comezou saudando a cada un con afecto, expresando a alegría de la Iglesia compostelá. Convidou aos novos sacerdotes e ao diácono a vivir con gratitude a súa vocación. “Agradecede o don que recibistes. Agradezamos os que fomos chamados polo Señor a este don que non é noso, senón que nos é dado para vertelo”, dixo, subliñando que o ministerio ordenado non é un dereito adquirido, senón un agasallo de Deus para o servizo do pobo.

O arcebispo lembroulles que, aínda que humanos e fráxiles, son amados polo Señor de maneira incondicional, e que é desde esa humildade desde onde deben exercer a súa misión. Así, destacou que o sacerdote ha de ser ante todo amigo do Señor e bo pastor que acolle, sa e salva con tenrura. “Ese sacerdote (…) revístese da imaxe entrañable do bo pastor que carga sobre os seus ombreiros a ovella perdida. Faise samaritano que se detén nos camiños, nesas beiras onde tantos feridos piden ser abrazados, sandados e salvados”, expresou, lembrándolles que o ministerio non é para o propio engrandecimiento, senón para facerse servo da alegría e a salvación dos demais.

Misión comunitaria e sinodal.

O prelado compostelán reflexionou sobre o Evanxeo proclamado, subliñando que Jesús enviou aos seus discípulos de dous en dous, poñendo de relevo a dimensión comunitaria e sinodal do ministerio: “Nada de individualismos, por favor, nada de illas pechadas. Seredes e somos parte dunha familia diocesana, dunha fraternidade sacerdotal”.

Así mesmo, convidoulles a alixeirar a súa equipaxe interior de actitudes inútiles e a encherse do consolo que Deus pon nas súas mans para compartilo cos demais. “Non enchades a vosa mochila de personalismo inútil. Non vos carguedes con indiferenza. Enchervos do consolo que Deus pon nas vosas mans. Iso non pesa. Levades un ungüento que salva e que sa”, dixo, evocando a imaxe do peregrino que camiña lixeiro para chegar con maior liberdade ao destino.

Acompañar con humildade e proximidade

Monseñor Prieto insistiu na importancia da escoita atenta e de non ter respostas prefabricadas, convidándoos a acompañar con humildade e proximidade: “Escoitade e aí poderedes dicir, consolar, poderedes abrazar, perdoar e acompañar”. Neste contexto, sinalou que a verdadeira autoridade do seu ministerio non radica no seu propio nome, senón en Cristo, que os envía e sostén.

Cunha mensaxe de esperanza e de fidelidade ao Señor, lembroulles que a alegría verdadeira non reside no éxito exterior, senón en vivir segundo a vontade de Deus. “Que a vosa alegría, anticipo da definitiva (…) sexa facer a vontade de Dios”, expresou, exhortándoos a ser pastores segundo o corazón de Cristo, fecundos no Espírito e sempre ao servizo do pobo de Deus.

Finalmente, pediu por toda a Igrexa diocesana para que sexa unha casa e familia acolledora, onde todos sexan recibidos na mesa da Eucaristía, fonte e culmen da vida cristiá. Lembrou que María e o apóstolo Santiago sexan para todos, exemplos de entrega e esperanza: “Que María e o apóstolo Santiago aléntenvos a todos a vivir na esperanza que non defrauda, esa esperanza que estamos a celebrar neste ano Xubilar, Cristo, a nosa esperanza”.

Ritual

Una vez acabada a homilía os candidatos ao diaconado e presbiterado manifestaron o seu desexo de ser ordenados e a vontade de vivir o seu ministerio con humildade e a alma limpa para proclamar a fe segundo o Evanxeo e a Tradición da Igrexa.

Enrique Malvar realizou a súa promesa de obediencia como diácono, mentres que Enrique Alonso e Fernando Ramos pronunciaron os seus compromisos sacerdotais, entre eles o celibato e a obediencia á Igrexa. No momento da ladaíña dos santos, os tres prostráronse en sinal de humildade e entrega total a Deus, mentres a asemblea oraba invocando a protección divina sobre os seus futuros ministerios.

O momento central foi a imposición de mans. Sobre Enrique Malvar, o bispo impuxo as súas mans como signo da súa ordenación diaconal. No caso de Enrique Alonso e Fernando Ramos, ademais do bispo, todos os sacerdotes presentes realizaron este xesto, como signo de comuñón e de transmisión do ministerio sacerdotal.

A oración de ordenación foi pronunciada solemnemente polo bispo, invocando ao Espírito Santo para cada un segundo o seu grao. Enrique Malvar recibiu o Libro dos Evanxeos, símbolo da súa misión de proclamar a Palabra de Dios. Pola súa banda, Enrique Alonso e Fernando Ramos foron unxidos nas mans co santo crisma, consagrándoas para bendicir, santificar e presidir os sacramentos, e recibiron o cáliz e a patena, signos da súa misión eucarística.

Un camiño de servizo e esperanza

A vida da Igrexa que peregrina en Santiago renovouse con novas ordenacións, lembrando que o ministerio non é un dereito, senón un agasallo para ser compartido con humildade. É unha chamada para ser pastores con entrañas de misericordia, capaces de acoller, sandar e acompañar a cada persoa con tenrura.

Así comeza un camiño que non busca o propio brillo, senón a alegría de servir e consolar, de camiñar lixeiro, sen cargas inútiles, levando só a esperanza que sanda e a palabra que ilumina. Un camiño de fidelidade, onde a verdadeira alegría nace de vivir na vontade de Deus e ser reflexo do seu amor no mundo.

 

Previous articleOs futuros sacerdotes e diácono profesan a súa fe e o compromiso de fidelidade antes da súa ordenación este domingo na Catedral
Next articleI Encontro formativo para bispos en Santiago de Compostela