Os futuros sacerdotes e diácono profesan a súa fe e o compromiso de fidelidade antes da súa ordenación este domingo na Catedral

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto, ordenará o vindeiro domingo 6 de xullo a tres seminaristas na Catedral. Trátase de Enrique Malvar Blanco, que recibirá a ordenación como diácono, e de Enrique Alonso Alonso e Fernando Ramos Guerra, quen será ordenados sacerdotes.

Hoxe venres, os tres seminaristas realizaron no Arcebispado de Santiago a profesión de fe, o xuramento de fidelidade e a promesa de celibato, actos previos e necesarios antes de recibir o sacramento da Orde. No acto estivo monseñor Prieto animounos a vivir a súa vocación “con xenerosidade, alegría e entrega ao pobo de Deus”.

A celebración das ordenacións será na Catedral compostelá nunha eucaristía solemne que congregará a familiares, amigos, sacerdotes e fieis da arquidiocese.

Previous articleNomeamentos diocesanos na Diocese de Santiago de Compostela
Next articleO arcebispo pide aos novos ordenados que sexan amigos do Señor e pastores con entrañas de misericordia