Nova cita pastoral do arcebispo de Santiago no Arciprestado de Betanzos

O arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto Fernández, mantivo este venres 29 de maio un encontro pastoral cos sacerdotes do arciprestado de Betanzos, dentro da rolda de reunións que vén celebrando nas distintas zonas da diocese.

Na xornada participaron tamén o vigairo pastoral, Javier Porro Martínez, e o vigairo territorial da Coruña, Severino Suárez Blanco, que acompañan ao arcebispo nestes encontros pastorais polos arciprestados desta zona.

A reunión permitiu compartir un espazo de diálogo e reflexión sobre a realidade pastoral da zona, así como abordar distintos retos e liñas de traballo no marco da vida diocesana no contexto do Plan Pastoral.

Previous articleEncontro pastoral en San Xoán de Mazaricos cos sacerdotes de Céltigos e Entíns
Next articleClausura do curso no ITC e o ISCCR