Na solemnidade do Apóstolo Santiago, mons. Prieto chama á esperanza activa e a poñer o ser humano no centro ante os desafíos actuais

  • O arcebispo, mons. Francisco José Prieto, resalta que a unidade na diversidade, xunto coa esperanza cristiá, é o camiño para afrontar os retos actuais con responsabilidade, amor, confianza e harmonía.
  • Alfonso Rueda, delegado rexio na Ofrenda Nacional, destaca a pluralidade, solidaridade e compromiso con Galicia e a súa xente.

A Catedral de Santiago acolleu esta mañá a solemne celebración litúrxica en honra ao Apóstolo Santiago, patrón de España, presidida polo arcebispo da diocese compostelá, monseñor Francisco José Prieto Fernández. No marco desta xornada, realizouse a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo, un acto que se remonta a 1643, instaurado por Felipe IV.

Este ano o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, actuou como delegado rexio e oferente #ante o Apóstolo, acompañado polos membros da Comisión Capitular Daniel Lorenzo e José Antonio Castro Lodeiro, realizando a ofrenda en nome do Estado en Galicia. Na súa mensaxe chamou a redescubrir valores esenciais como o amor, a xustiza e o perdón, e expresou o seu desexo de que Galicia siga sendo unha comunidade plural, solidaria e próspera, comprometida co coidado da súa contorna e o benestar de toda a súa xente.

Pola súa banda, monseñor Francisco Prieto destacou na homilía o tempo presente e os seus desafíos, nunha mensaxe profundamente evanxélica, social e esperanzador. Partindo das palabras de san Pablo, interpelou aos fieis sobre como habitar estes tempos de incerteza sen medo e con esperanza.

O arcebispo fixo un chamamento a non quedar paralizados ante as dificultades, senón a responder desde a fe e a compaixón: “Atoparemos de novo esperanza cada vez que poñamos ao ser humano no centro e no corazón das institucións”. Insistiu na necesidade de construír a unidade desde a diversidade, sinalando que “a unidade non se preserva coa uniformidade, senón coa harmonía do diverso”.

Fronte ao clima de inseguridade, guerras, crises económicas e sociais, monseñor Prieto pediu levantar a mirada con confianza: “A esperanza cristiá non é un optimismo barato”. Neste sentido, explicou que non se trata dun pensamento inxenuo de que “todo sairá ben” por simple desexo, senón dunha certeza baseada na promesa de Cristo: “Eu estarei convosco todos os días, ata o fin do mundo”. Engadiu que “a esperanza non nos fai fuxir do presente, impúlsanos a vivilo con responsabilidade e amor”, convidando os presentes a transformar a súa contorna con xestos concretos de acollida, acompañamento e denuncia da inxustiza.

Monseñor Prieto non eludiu os problemas sociais e denunciou con firmeza realidades dolorosas como a trata de persoas, a explotación de mulleres na prostitución, a violencia contra os nenos e as mulleres, e a dramática situación humanitaria en Gaza ou a guerra en Ucraína. Rexeitou tamén a instrumentalización política dos migrantes, lembrando que “han de ser acollidos desde a legalidade e a fraternidade” condenando “toda violencia racista e criminalización colectiva”.

O prelado galego instou a manter viva a raíz cristiá de Europa, pois nela susténtanse valores como a dignidade, a xustiza e a fraternidade, e pediu que a Igrexa sexa un verdadeiro fogar para todos, especialmente os descartados, acollendo “cos ollos de Cristo e os brazos do Pai”.

@archicompostela

En la solemnidad del Apóstol Santiago, mons. Francisco José Prieto llama a la esperanza activa y a poner al ser humano en el centro ante los desafíos actuales. #archicompostela #catedraldesantiago #monsfranciscoprieto

♬ sonido original – archicompostela – archicompostela

Mons. Francisco Prieto tamén subliñou que “cada pequeno acto de amor conta. Cada palabra xusta, cada porta aberta, cada xesto de tenrura no medio da dureza do mundo é xa un signo do Reino que vén”. Con estas palabras alentou aos fieis a non deixarse esmagar pola dor e a vivir como “sementes vivas de esperanza.”

Así mesmo, pediu oracións por quen exerce responsabilidades políticas, para que traballen con honestidade ao servizo do ben común, e advertiu sobre a secuela da corrupción: “A súa existencia é un obstáculo para o ben común, unha ferida ao corazón da xustiza e un pecado que afecta á dignidade humana”.

Finalmente, encomendou a vida de Galicia, España e as súas familias á protección do Apóstolo Santiago, pedindo que ensine aos pobos para vivir estes tempos co corazón cheo de confianza en Deus.

En cerimonia concelebraron o cardeal arcebispo emérito de Madrid, mons. Antonio María Rouco Varela; mons. Julián Barrio, arcebispo emérito de Santiago de Compostela; mons. Santiago Agrelo Martínez, arcebispo emérito de Tánxer; o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco; o titular da Diocese de Ourense, mons. José Leonardo Lemos Montanet; o bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, mons. Fernando García Cadiñanos; o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín Valdés; o bispo emérito de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro Fiuza; e mons. Eloy Ricardo Domínguez Martínez, bispo auxiliar da

 

En definitiva, hoxe Galicia renovou a súa ofrenda ao Apóstolo Santiago cun corazón cheo de gratitude. Como lembrou monseñor Francisco José Prieto, aínda en tempos de incerteza, sempre hai un camiño de luz, porque en cada xesto sinxelo e en cada oración compartida, a terra galega proclama que a esperanza non morre, e que, como peregrinos, pódese seguir adiante sabendo que o amor de Deus renova cada paso e cada día.

Previous articleO arcebispo de Santiago asiste á cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2025
Next article27 XUL | V Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores