O arcebispo de Santiago asiste á cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2025

No marco das celebracións do Día de Galicia, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, asistiu este venres á solemne cerimonia de entrega das Medallas de Galicia.

O acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, reuniu a destacadas autoridades civís, relixiosas e representantes da sociedade galega para render homenaxe a persoas e institucións que contribuíron de maneira exemplar ao desenvolvemento e prestixio de Galicia.

Na edición deste ano os alcaldes do Porto e Braga, Rui Moreira e Ricardo Río, foron distinguidos coa Medalla de Ouro de Galicia 2025 polo seu destacado labor en favor da cooperación entre Galicia e o norte de Portugal. Este acto institucional levou a cabo tras a cerimonia extraordinaria do pasado 14 de xullo, na que a princesa Leonor recibiu a mesma condecoración en recoñecemento ao seu compromiso con Galicia, tras completar a súa formación na Academia Militar de Marín.

 

Previous articleSolemnidade do Apóstolo Santiago 2025
Next articleNa solemnidade do Apóstolo Santiago, mons. Prieto chama á esperanza activa e a poñer o ser humano no centro ante os desafíos actuais