As dioceses de Santiago de Compostela, Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol, a través dun comunicado conxunto asinado polos seus bispos, monseñor Francisco José Prieto, monseñor Luis Quinteiro e monseñor Fernando García, confirmaron esta semana a posta en marcha dun Seminario Maior Interdiocesano (SMI), que terá a súa sede en Santiago.
Monseñor Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol, reflexiona nesta entrevista sobre a nova iniciativa:
Que supón a constitución dun Seminario Interdiocesano para a Igrexa en Galicia e por que neste momento?
O Seminario Interdiocesano é un paso cara adiante no que é camiñar xuntas as Igrexas que camiñamos en Galicia, ao fío, sobre todo, da invitación que o Papa Francisco nos fíxo con motivo da visita canónica que se realizou hai xa uns meses a todos os Seminarios de España.
Nese sentido, convidábasenos a unirnos para crear comunidades máis fortes, comunidades máis grandes, pero sobre todo comunidades que teñan unha mellor preparación de fronte ao servizo dos nosos irmáns, para que os sacerdotes teñan os medios mellores para a súa formación.
Eu creo que o Seminario Interdiocesano que comeza na nosa Igrexa de Galicia é precisamente facilitar a mellor formación para os nosos seminaristas e facer un exercicio de traballo en común de Igrexa que quere camiñar xuntos.
- De onde arranca a idea e que pasos han de darse para a súa puesta en funcionamento?
Desde o Concilio, que se realizou en Galicia hai xa moitos anos, víñase albiscando a necesidade de que as Igrexas das diferentes dioceses de Galicia fixesen procesos de formación conxuntos. Aí xurdiu o Instituto Teolóxico de Santiago que ten como patróns a todos os bispos de Galicia. Tamén o Seminario de Mondoñedo, desde hai xa bastante tempo, viña sendo acollido polo Seminario Diocesano de Santiago.
É certo que agora se establece unha diferenza esencial porque xa non é un Seminario que nos acolle senón que é un Seminario Interdiocesano. No que por tanto todos os bispos temos voz, participación e xunto aos bispos, os presbiterios e as diferentes Igrexas.
A idea veu provocada polo encontro que tivemos co Papa Francisco hai xa tamén uns meses no que nos urxía a ter unha formación conxunta moito mellor.
Os pasos iranse aos poucos establecendo. Agora creouse un equipo de traballo formado por un sacerdote de cada diocese, que terá esa calidade de responsable da formación e eles irán establecendo os pasos para que aos poucos poida ser aprobado pola Santa Sé este novo Seminario Interdiocesano e desde aí poder comezar xa o novo curso.
3. Que vai supoñer para as dioceses máis directamente implicadas no procecto?
Sen dúbida unha experiencia nova. Unha experiencia nova para cada un de nós, pero unha experiencia, en certa maneira, nova tamén como Igrexa en España, só hai un Seminario Interdiocesano nas dioceses de Cataluña.
Por iso eu creo que vai ser unha experiencia que teremos que ir facendo aos poucos paulatinamente e vai supoñer sobre todo pois, conxuntar máis as nosas forzas.
O enriquecemento das diferentes Igrexas, coas súas calidades, coas súas potencialidades, o enriquecemento que produce, unha comunidade dunha talla humana máis grande, o enriquecemento pois de diferentes visións, o enriquecemento de ser enviados a un mesmo lugar, que é a nosa terra de Galicia.
En definitiva, eu creo que saímos todos gañando polo que significa e supón enfocar a formación dos sacerdotes dunha maneira conxunta.
- No futuro incorporaranse ao proxecto todas as dioceses de Galicia?
- Cre que podería chegar a darse, segundo as necesidades pastorais que vaian xurdindo, unha colaboración entre os sacerdotes das dioceses de Galicia?
Sen dúbida, a colaboración comezará xa nesa formación do seminario. Xa se están dando eses procesos, pois, de traballo conxunto, hai diferentes iniciativas pastorais nas nosas Igrexas de Galicia, nas que xa estamos a traballar conxuntamente.
Podemos pensar nas reunións que teñen os delegados de medios, os delegados e directores de Cáritas, os delegados de vocacións, os vigairos xerais, os delegados de pastoral do clero, da formación permanente do clero, en definitiva, hai diferentes realidades que xa se están dando na nosa Igrexa en Galicia, que agora ven reforzadas xa desde esa formación que no Seminario xa que se vai a ir dando.
Iso creará, sen dúbida vínculos, iso xerará boas relacións, iso procreará pois proxectos pastorais conxuntos, sen dúbida que isto pois axudará tamén a que, na nosa pastoral, sexa tamén unha pastoral máis de conxunto nas particularidades que cada Igrexa local ten e ofrece.
10. Esta iniciativa parece un esforzo de sinodalidade importante: a igrexa que peregrina en Galicia, cos seus pastores á cabeza, tratando de ofrecer unha resposta conxunta a unha cuestión sensible como a da pastoral vocacional…
A sinodalidade é precisamente camiñar xuntos. E camiñar é do pequeno, camiñar nos grandes problemas, camiñar conxuntamente na misión.
O Seminario Interdiocesano é froito da sinodalidade, é expresión desta sinodalidade. Contribúe á sinodalidade