Mons. Francisco Prieto: "Todos os cristiáns somos chamados e convocados"

  • Xornada Diocesana | Día de Acción Católica e do Apostolado Segrar

Hoxe sábado 18 de maio, Día de Acción Católica e do Apostolado Seglar, tivo lugar na Diocese de Santiago a primeira Xornada de Diocesana do Apostolado Seglar.

O encontro desenvolveuse no Seminario San Martiño Pinario. Pola mañá, despois dunha oración inicial, o delegado para o laicado, Alfredo Losada, foi o encargado de impartir un relatorio no que afundou sobre o lema deste ano: “Laicos por vocación, chamados á Misión”

Losada lembrou os tres conceptos máis importantes: o primeiro fai referencia aos laicos polo bautismo. O bautismo como ese selo indeleble, ese selo que marca para sempre, é a incorporación na Igrexa e que chama a transformar o mundo. O segundo concepto é a vocación á que chama o Señor, a transformar a situación de sandar feridas, a acompañar ás persoas máis vulnerables, ás persoas que viven soas. E o terceiro termo teñen que ver coa misión, a misión da igrexa que é evanxelizar, que é a chamada para anunciar a boa noticia.

Alfredo Losada terminou a súa intervención co ton de esperanza que dá tamén o Xubileu 2025 convocado polo Papa Francisco, no que se fala dunha esperanza renovada.

Despois dun descanso, houbo un traballo por grupos, no cal se destacaron ideas como a de estar chamados como comunidade a transformar, e tamén como cada un dos cristiáns poden ser semente de esperanza no mundo. Xa pola tarde, celebrouse unha mesa redonda na que se compartiron tres experiencias, de tres laicas: por unha banda, Yolanda Gómez, unha psicóloga que traballa no Seminario Menor de Santiago de Compostela, militante no Movemento Cultural Cristiano; por outra banda, Nieves Lameiro, unha laica da zona de Mesía, que falou sobre a experiencia da pastoral nesa zona; e por último Yolanda Sánchez, economista e delegada de Pastoral Penal. Todo iso conducido polo xornalista José Videra e amenizado coas cancións de Xaquín Rodríquez Pomares.

A xornada terminou coa Vixilia de Pentecoste na Catedral de Santiago presidida polo arcebispo monseñor Francisco Prieto, acompañado polo Vigairo de Pastoral Javier Porro e o Deán José Fernández Lago, membros do Cabido, sacerdotes, membros de vida consagrada e laicos.

Na homilía, o arcebispo pediu que o don do Espírito derrámese unha vez máis, de maneira abundante, “e os seus dons e os seus froitos empapen o corazón desta Igrexa, e empape no corazón de cada un de nós e en nós e por nós o desta sociedade”.

Monseñor Prieto tamén pediu nesta Vixilia que o Espírito “esperte en nós de novo (…) esa chamada que Deus pon no corazón, esa chamada á que Deus nos convoca e pola que nos chama os seus fillos e fillas”. E engadiu, que a Igrexa tamén mira cara á Acción Católica e cara ao Apostolado Seglar, lembrando como “todos e cada un de nós polo don do Espírito que recibimos no bautismo, somos chamados, convocados, a ser fillos e fillas, a vivir e ser un Pobo de Dios en camiño”.

Neste sentido, o arcebispo destacou que ao ser chamados e convocados “non somos cristiáns por unha sinxela tradición. Non somos cristiáns porque conste a data e datos da nosa filiación no libro de bautismo da parroquia. Non somos cristiáns por inercia. Temos que descubrir, e isto é obra do Espírito, que no don do bautismo fomos chamados e convocados a vivir como fillos e fillas de Deus, a vivir en fraternidade en Cristo”. Tamén afirmou que o cristián é chamado e convocado.  E desde aí, “a vocación exprésase nesa riqueza e diversidade de carismas e ministerios onde todos vivimos unha verdadeira corresponsabilidade sendo pobo de Dios en camiño, sendo Iglesia, laicos e consagrados, sacerdotes. Toda expresión de carisma, de grupo e movemento de la Iglesia é unha convocación do Espírito”.

Monseñor Prieto convidou a vivir a vida cristiá como esa chamada e misión á que Deus convoca, a ser tamén esas testemuñas da boa nova do Evanxeo de Cristo Resucitado: “sodes e somos convocados, nesta fermosa vocación recibida como a todos por ser bautizados (…), sede polo don do Espírito, sementes do Evanxeo, sementes do mundo novo que Deus quere alumar no corazón desta humanidade, sementes do Reino de Dios que Deus puxo nas nosas mans”.

Previous articleMonseñor Fernando García Cadiñanos: "O Seminario Interdiocesano é froito da sinodalidade"
Next articleO arcebispo aos confirmandos: “Seguide escribindo esa nova linguaxe que Deus quere poñer no voso corazón