Mons. Prieto imparte unha conferencia na Fundación Paulo VI de Madrid

No marco da Cátedra de Estudos Europeos Camiño de Santiago, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto Fernández impartirá unha conferencia, este luns 4 de marzo ás 19 horas, na Fundación Pablo VI de Madrid sobre “Os camiños de Deus e os carreiros do home no camiño de Santiago” .

No relatorio abordarase o papel decisivo que o camiño de Santiago tivo na vertebración de Europa e o que segue tendo hoxe como promotor da cultura do encontro.

Previous articleMensaxe do Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, aos catequistas
Next articleO arcebispo na Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal Española