Ás 11:15h desta mañá deron comezo as vixésimo primeiras xornadas de Teoloxía que desde 2001 leva organizando o ITC, e que se prolongarán ata o venres 16. Este ano a temática xira en torno ao cincuenta aniversario da publicación do RICA (Ritual da Iniciación Cristiá de Adultos), e o título reza así: Novos camiños para a Fe no século XXI.
O saúdo inicial correspondeu ao Sr. Arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, que fixo referencia, á relación necesaria entre Fe e Mundo, e a as dificultades para a transmisión da fe nun mundo secularizado; animou a establecer novas formas de contacto cos afastados e os non crentes. Os católicos perdemos a conciencia de ser sal e luz; o noso compromiso coa fe preséntase débil e vulnerable, constatando así mesmo, como a formación cristiá é bastante superficial, e non incide na maneira de pensar nin nos costumes. A Iniciación Cristiá de moitos se volve, en ocasións, inadecuada e incompleta, polo que se fai necesario un deixarnos interpelar polo Anuncio e pola escoita da Palabra, que nos conduzan ao encontro con Cristo, e sexamos inseridos no misterio de Cristo pola Fe e os sacramentos: Carácter experiencial, mistagógico da fe.
Tras a presentación das Xornadas por parte do Director do ISCC, Prof. Miguel López Varela, tivo lugar a primeira das Conferencias: “O Atrio dos xentís: espazo para o diálogo fe-cultura para o precatecumenado”, a cargo de Mons. Melchor Sánchez de Toca e e Alameda, Subsecretario do consello Pontificio da Cultura.