Xornada de traballo da Pastoral Familiar en Pontevedra

Os delegados de Familia e Vida da arquidiocese compostelá mantiveron este sábado unha xornada de traballo cos axentes de pastoral familiar do arciprestado de Lérez.
No encontro, os delegados episcopais presentaron os novos Itinerarios Catecumenais para a Vida Matrimonial, elaborados por un equipo da Conferencia Episcopal. Estes Itinerarios contemplan unha novo paradigma na formación dos noivos, superando os actuais encontros prematrimoniales. Poñen a Cristo no centro dun proceso prolongado no tempo e no que se lle dá unha gran importancia á Sagrada Escritura.
No encontro púxose de relevo a necesidade de intensificar a formación dos axentes da pastoral familiar, organizando cursos presenciais e tamén en liña, para dar resposta ás esixencias dos horarios laborais, sobre todo dos fieis máis novos.
O actual responsable do Centro de Orientación Familiar (COF) da diocese, Abraham Bernárdez-Gómez, presentou tamén o transcendental papel que desempeña este organismo.
Previous articleEncontro dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago co Equipo de Catequese de Galicia
Next articleCáritas Diocesana de Santiago reúne a máis de 300 persoas nunha xornada de compromiso e solidariedade en Muxía e Vimianzo