- Publicado o cartel da delegación de Familia e Vida
Como nos últimos anos, mons. Prieto Fernández presidirá a eucaristía na festa da Sagrada Familia fóra da catedral compostelá. Nesta ocasión o lugar elixido é a parroquia de san Francisco de Os Tilos, no concello de Teo. Será o vindeiro domingo 28 de decembro ás 12H.
Desde a delegación episcopal de Familia e Vida (Pastoral Familiar), convídase a todos os fieis da nosa arquidiocese para acompañar ao noso arcebispo nesta celebración tan significativa. Festa que nos lembra a importancia transcendental da familia como axente activo da evanxelización na que todos os bautizados estamos chamados a participar.












