Esta tarde, fregueses das parroquias que compoñen as poboacións da Ría de Muros e Noia (Ría da Estrela) fixeron unha homenaxe ao arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto polo primeiro ano de pontificado.
A celebración, organizada polo Arciprestado de Postmarcos de Arriba, tivo lugar na Catedral de Santiago ás 17:00hs. Participou a Coral “Voces da Ría” integrada por seis agrupacións musicais.